Boas.
Dícese que la denuncia de un vecino -que firma como "presidente de la comunidad", no sabemos con cuanto apoyo en la misma-, ya conocida, ha llegado por escrito a Nicanor en el día de ayer, en forma de ORDEN DE CESE DE TODA ACTIVIDAD, incluída librería, informa Jose Luis aquí en Própolis.
Debía hacerse efectiva inmediatamente.
Hoy tenemos Asamblea Abierta, ya programada, a las 9 y media / 10.
Desde Própolis, se hace un llamamiento a la asistencia de toda aquella persona aún interesada, de una forma u otra, en este nuestro espacio, para enterarse más en concreto de la situación de boca de Nicanor, así como para decidir entre el mayor número de gente posible, que pasos, acciones o reacciones tomar, desde la legalidad o desde la misma calle.
Os esperamos, mucho más incluso de lo habitual. Unha aperta.
Concerto de JAVIER FERREIRÓS, Venres 18, ás 9 da noite.
Despois da súa xira por medio mundo -sen sair do Barrio Alto de Lisboa-, e pasando por Ribeira -tan bo lugar pra botarse a perder coma calquera outro-......, compartindo con nós o seu novo E.P...
Non, non ven a ser Estufado de Porco, larpeiros; significa "Extended Play", en inglés, e "tocar extendido" en castelán.
Ou sexa, poñerse en pé, cun instrumento nas mans, e facelo soar, supoño eu.
Pois iso, de novo en Própolis, coa súa guitarra..., coa súa armónica..., con ese encanto natural -se alguén lle pode emprestar un pouco do seu, agradécese-..., e con esa singular e afinada -que non refinada- voz..., JAVIER FERREIRÓS, que non é o do debuxo, ollo.
Cos seus temas, con recordos ós grandes, e con grandes versións melloradas de outras non tan grandes. Ese zurdo revirado...
Achégense, ollen, escoiten e, cando teña rematado, marchen, polo que máis queiran.
Mirámonos en nadiña.
www.myspace.com/javierferreiros
Aprázase o SLAM POESÍA do Sábado 12, mais a Reggae Sesion do Venres 11 non se move, niente di niente.
Xa se retirou do blog e do calendario fai ben de días, mais pra a xente que o teña visto nas programacións impresas, lembramos que o Slam Poesía do Sábado 12 aprázase, pola imposibilidade dos seus promotores de levalo ese día, e pola triloxía das 3 Ts:Traballos, Tarefas e Trebellos varios.
Posiblemente, fágase en Xaneiro.
Seguiremos informando.
Maila sesión reggae do Venres 11, segue en pé.
Pulpo Reggae Sound + Selassie Sound System, xuntos, revoltos, e ben levados.
Con toda a xente que se achegue -liberada das mesmas 3 Ts antes mencionadas-.
Coa enerxía tricolor ben presente. Ás 8 da tarde.
Boa finde, compañeiros.
Antes, o sábado 5, un pincho de aperitivo...; e comenzan tamén, os sábados de Alfabetización pra adultos, ás 11:15 horas.
Un pincho de pescada?Non, non, non. Iso, na Franxa.
Aquí o pincho -e o pincha- é de Puuulpo!
Á Mugardesa ou á Feira?
Non, xente, non!
PULPO REGGAE SOUND, por suposto.
Ahhhá. E así en frío e de solei?
Que va, ó! Con MC DJILA.
La duda ofende, querido Pazos.
Pois iso, de 8 a 10, aproximativamente. Pra todos vós.
Boa ponte, e chegada ó outro lado da mesma.
Alá imos, tintxiñoooo...
Domingo 6: Alvaro Muras... improvisa con vos!
Hola! El proyecto musical del bajista Álvaro Muras y su estilo particular de ver el funk fusión se podrá ver el:
Domingo 6 de diciembre en Própolis, 20:00h.
C/Barcelona, 115. Coruña
Entrada libre.
Improvisa con vos... abre las puertas del escenario.
La personas, músicos, artístas e inquietos que deseen participar esta tarde con nosotros dentro o fuera del escenario podéis bien traer vuestro instrumento o bien dejaros caer por allí.
Si necesitáis algo en concreto no dejéis de escribir a alvaromuras@yahoo.es para tomar nota de vuestra participación y así para que te todo salga más fluido.
Saludos y gracias por la atención prestada!
www.alvaromuras.comEste Venres 27, JAMxJAMxJAM...
..., JAM Ó CUBO, 54 días despois dos 54 anteriores, que levaban xa 54 días agardando a poder ser computados, e así, sucesoriamente, ata..., o mesmo día da creación..., da Jam ó cubo, non do mundo, coidadín.Ben mirado, puido ser o día da creación..., doutro mundo, un mundo paralelo -ou paralelepípido, según se mire- onde experimentar e improvisar con liberdade total, parcial ou puntual -liberdade, de calquera xeito-, o sin senido dos vosos sentidos: musicais, danzantes, poéticos, plásticos..., mais non de plástico, só de mente e inconsciencia.
Quen desmaie, pode quedar no chan -ou nun sofá- ata recupera-la parvada, e recollerse a un tempo.
A partires das OITO E MEDIA, con puntualidade suiza, ou á hora que vos pete chegar.
Iso xa vai coa condición, situación, ou perdición de cada quen.
Mirámonos...
Este mércores comenza o Obradoiro de Cerámica, con Rober. E o xoves, outra volta de Xogos na Rúa, con quen sexa.
Que mércores?, vos preguntaredes.Quen escribe, responde: MÉRCORES DEZAOITO, escrito está no calendario.
A que hora?, alguén moi curioso, e un pelín interesado, estará a pensar.
Ás ONCE E MEDIA... DA MAÑÁ.
Ten que ser un erro..., ese furado non pode ter vida polas mañás...
Andaremos e veremos, dicían os vellos.
Quen non teña outra leria, que se achegue; se está aberto, que entre.

E se lle presta, que se quede.
E o XOVES DEZANOVE, ó día seguinte, ás OITO -acougade- da TARDE, XOGOS NA RÚA, no Obelisco, doutra volta.
E que non morran, ó contrario, expándanse, circulen, e roten, se cadra.
Levade o que vexades. Deica xa.
Xa vai, xa vai, doentes!! Sábado Catorce de Novembro, a partires das 8 e media. Xa pero xa!!
Cabaret? Pra que!Egalité, Fraternité..., e Varieté!; á Liberté chégase ó morrer!
E Cabaré, tamén!
De taberna, de tasca, de furancho, de teatro, e de auditorio!
Un ratiño, rato, ou ratón -ou dous-, de propostas curtas e diversas:
DANZA, MIMO, MÚSICA, TEATRO, MALABARES, POESÍA, MAXIA, e unhas cantas sorpresas innomeables, inclasificables, e infestadas de inxenuos ilusos inscritos no INSS.
Acougade, ó, que tamén hai bar!
As da foto non saen, saídos!
Se hai mulleres? Si, ó, si...
E homes tamén, parvos!
Ou pensades que imos molestarnos en pedir á entrada credenciais sexuais, tendenciais, ou patrimoniais?
Vós pensades que non temos cousa mellor que facer...
Róncalle o nabo!
Veña, entrada libre, e saída tamén, pola mesma porta.
Vémonos alí..., supoño..., se ides..., e imos nós..., e non cae o teito antes..., das nosas casas ou das vosas.
Abbracci per tutti. Deica.
Volta o Obradoiro de Ioga a Propolis!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

