Xa se retirou do blog e do calendario fai ben de días, mais pra a xente que o teña visto nas programacións impresas, lembramos que o Slam Poesía do Sábado 12 aprázase, pola imposibilidade dos seus promotores de levalo ese día, e pola triloxía das 3 Ts:Traballos, Tarefas e Trebellos varios.
Posiblemente, fágase en Xaneiro.
Seguiremos informando.
Maila sesión reggae do Venres 11, segue en pé.
Pulpo Reggae Sound + Selassie Sound System, xuntos, revoltos, e ben levados.
Con toda a xente que se achegue -liberada das mesmas 3 Ts antes mencionadas-.
Coa enerxía tricolor ben presente. Ás 8 da tarde.
Boa finde, compañeiros.

0 comentarios:
Publicar un comentario