Este Venres 27, JAMxJAMxJAM...

..., JAM Ó CUBO, 54 días despois dos 54 anteriores, que levaban xa 54 días agardando a poder ser computados, e así, sucesoriamente, ata..., o mesmo día da creación..., da Jam ó cubo, non do mundo, coidadín.

Ben mirado, puido ser o día da creación..., doutro mundo, un mundo paralelo -ou paralelepípido, según se mire- onde experimentar e improvisar con liberdade total, parcial ou puntual -liberdade, de calquera xeito-, o sin senido dos vosos sentidos: musicais, danzantes, poéticos, plásticos..., mais non de plástico, só de mente e inconsciencia.
Quen desmaie, pode quedar no chan -ou nun sofá- ata recupera-la parvada, e recollerse a un tempo.

A partires das OITO E MEDIA, con puntualidade suiza, ou á hora que vos pete chegar.
Iso xa vai coa condición, situación, ou perdición de cada quen.
Mirámonos...

Este mércores comenza o Obradoiro de Cerámica, con Rober. E o xoves, outra volta de Xogos na Rúa, con quen sexa.

Que mércores?, vos preguntaredes.
Quen escribe, responde: MÉRCORES DEZAOITO, escrito está no calendario.
A que hora?, alguén moi curioso, e un pelín interesado, estará a pensar.
Ás ONCE E MEDIA... DA MAÑÁ.
Ten que ser un erro..., ese furado non pode ter vida polas mañás...
Andaremos e veremos, dicían os vellos.
Quen non teña outra leria, que se achegue; se está aberto, que entre.
E se lle presta, que se quede.

E o XOVES DEZANOVE, ó día seguinte, ás OITO -acougade- da TARDE, XOGOS NA RÚA, no Obelisco, doutra volta.
E que non morran, ó contrario, expándanse, circulen, e roten, se cadra.
Levade o que vexades. Deica xa.

Xa vai, xa vai, doentes!! Sábado Catorce de Novembro, a partires das 8 e media. Xa pero xa!!

Cabaret? Pra que!
Egalité, Fraternité..., e Varieté!; á Liberté chégase ó morrer!

E Cabaré, tamén!
De taberna, de tasca, de furancho, de teatro, e de auditorio!

Un ratiño, rato, ou ratón -ou dous-, de propostas curtas e diversas:
DANZA, MIMO, MÚSICA, TEATRO, MALABARES, POESÍA, MAXIA, e unhas cantas sorpresas innomeables, inclasificables, e infestadas de inxenuos ilusos inscritos no INSS.

Acougade, ó, que tamén hai bar!

As da foto non saen, saídos!

Se hai mulleres? Si, ó, si...
E homes tamén, parvos!
Ou pensades que imos molestarnos en pedir á entrada credenciais sexuais, tendenciais, ou patrimoniais?
Vós pensades que non temos cousa mellor que facer...
Róncalle o nabo!

Veña, entrada libre, e saída tamén, pola mesma porta.
Vémonos alí..., supoño..., se ides..., e imos nós..., e non cae o teito antes..., das nosas casas ou das vosas.
Abbracci per tutti. Deica.

Volta o Obradoiro de Ioga a Propolis!!!!




Logo do parón estival, volta Juven co seu Obradoiro de Ioga.

A partir do luns 9 de novembro, e tódolos luns de 21h a 22h volvemos a disfrutar da paz e tranquilidade de todo este mestre do ioga!!!!


Simpremente traede roupa cómoda e preparádevos pra iniciar esta viaxeeee!!!

E tamén o venres 6, un pouco antes do magosto, seminario -sen sotanas- da Universidade Invisíbel.

A partires das 5 da tarde, visítanos Marga M. Escamilla, xurista madrileña e cara pública do traballo do Grupo Inmigración e Sistema Penal -e xa antes con Ferrocarril Clandestino- contra a reforma da Ley de Estranxería, centrado en campañas de denuncia "CONTRA LA CRIMINALIZACIÓN E INGRESO EN PRISIÓN DE LOS MANTEROS" e “PARA QUE EL DERECHO NO SE DETENGA A LAS PUERTAS DE LOS CIE”.
Dádevos por invitadas -incluidas homes- a participar, cos vosos ouvidos e as vosas cuestións.

MAGOSTO POPULAR ESTE VENRES!!!!!!!!!!!!!!


Este VENRES 6 DE NOVEMBRO, a partir das 20.30h. temos un novo Magosto!!!!
Con pasarúas, foliada, contacontos, xantar, queimada e moitas sorpresas mais!!!
E castañas, moooitas catañas que nos traen un ano mais os do bar Volta!!!

Animadevos a SANTA CASTAÑA!!!

Oh, my God!!! Obradoiro de Teatro

Voltan as clases de TEATRO A PROPOLIS!!!!!!

A partir do xoves 5, todos os xoves de 18 a 20h, Obradoiro de iniciación ó teatro!!!!

Mariel Dominguez sumérxese nos baixos propoleiros pra facernos bucear en ideas, movimentos, ilusións, textos e moito mais!!!

A saber que se lle ocorre facer con nos!!

Pra comezar ela ponse moi seria e di...!:

El Taller está dirigido a todas aquellas personas que tengan ganas de divertirse y desarrollar su imaginación y creatividad, no es necesaria formación previa.

Nos acercaremos al Teatro a través de la expresión corporal y la improvisación, con el objetivo de ampliar y potenciar nuestra capacidad de sentir, expresar y comunicar. Trabajando técnicas y juegos teatrales, para lograr seguridad y espontaneidad, descubriendo y utilizando las múltiples posibilidades del cuerpo por medio del juego y la improvisación.


Contenidos de la clase:

Expresión corporal

Trabajo básico de la voz

Juegos teatrales

Improvisaciones


... pero non vos fiedes... é moi boa actriz!!!!

Para saber mais dela... http://clasesteatro.blogspot.com/


E COMA SEMPRE... TODO DE BALDE!!!!!

Programa Novembro 2009



Este Venres 23 de outubro, ás 9 aprox.: Concerto de MACHINA.

Encintado en Cerceda, xestado a cabalo de Nantes, e alumbrado en Nigrán -parido, ó!-, a nova criatura de Machina xa vai de xira: POST-BRAVÚ.

Disque "sen etiquetas": ou sexa, pra que non os localicen en caso de reclamación, os moi valentes...
Disque "uns temas che gustan e outros non": coma os pementos de Padrón.
Disque "a quen lle guste ben, e a quen non tamén": aí os tedes, que fan o que queren, os fulanos...
Con criterio propio. Hai que foderse con este persoal.

Que escoitemos e "que cada quen o interprete ó seu xeito, ou o malinterprete". Estade acougados, ó, que haiche ben de especialistas en malinterpretar por aí soltos, e revoltos.

"Pola boca morre o peixe" -a primeira do disco-.
Máis info MachinaGz: súa páxina; seu space.

Benvidas todas e todos, pipiolos.
De balde, coma sempre.
P.D. (Por Deformación): Dalgunha vez, ou xeito, váisevos cobrar..., e aínda teredes as santas bolas de pagar..., o holocausto nuclear chegará..., auga non haberá..., mais a cervexa sobrevivirá, e a coca-cola triunfará: jA-jA-jA-jA.
Sálvanos Satanás!

Este Sábado, Dez de Outubro, ás oito e media, concerto mixto e previsto de INLLORFEIS e SPINAL WINS.

Pra vós, escépticos do demo, e crédulos de deus, velaí o tedes. Era certo e ben certo. Dous polo precio de ningún.

Punkarras coas súas guitarras, hardcoretas -que non anacoretas-, rockeiros ou garaxeiros..., quen carallo define a semellantes pezas?
Mellor vai ser escoitalos, cun ouvido atento e outro disipado.

Veñen xuntos, pero non revoltos. Revoltos encherán, os vosos bandullos, de pracer musical.

Quen precise dun adianto, que vaia ós seus maispeis.
Quen non o precise, veña provisto de mans e pés.

Hai que facervos un croquis, ou que?
Todo hai que dicírvolo, me cagho en pé!!
Veña, a raña-la testa doutro. Deica o dez, e máis aló.