Foi ben estimulante..., mais deixou de selo. Ata outra proposta, outro lugar, e outro momento, xente.


Por diferentes causas...

Por distintos motivos...

Por diversas razóns...

Viña sendo tempo de cambios: de xente, de intereses, de forzas...
e agora, tempo de marchar/morrer.
Viña faltando potencial, en número e motivación, e viñan sobrando lumes e barullos, dentro e fóra.

"Eran poucos e covardes", pensaredes algúns; se cadra, en parte, así sería.
Máis en serio, tanto pra a covardía coma pra a valentía, se precisa pulo ou estímulo algún.

Durante un tempo, funcionou, ó seu xeito, coma todo; e funcionou de bo xeito, e tempo dabondo.

Se cadra, este colectivo recíclase, reutilízase ou redúcese -aínda máis?- noutro espacio ou lugar.
Se cadra, divídese, dispérsase ou reubícase noutros frentes.
Ou resucita aquí mesmo, "la vida te da sorpresas".

De tódolos xeitos, seguiremos facendo cousas..., coas máis rabudas intencións, sempre.

E a libraría segue aí, polo momento, a pesares do Cese ese, temporal..., ou non.
E o obradoiro Recyclos, de reciclaxe e autoreparación de bicis, coa xente da Masa Crítica, tamén.
E haberá outra xente que faga uso do espacio, e outras actividades, se a providencia/autoridade o permite.

Graciñas a quenes impulsastes o colectivo...,
chegarades ata o fin do traxecto, baixarades un par de estacións antes, ou fixerades transbordo a outros procesos da vosa traxectoria vital.
Graciñas ás brigadas permanentes de limpeza, tan necesarias por estes lares.
Graciñas ás asembleas por tentar poñer orde no caos, conseguindoo sempre...,
parcialmente: grande éxito.
Graciñas a quenes cargastes coa maior parte da carga...,
e ós que fostes máis unha carga que outra cousa, necesario contraste para a aprendizaxe, tamén graciñas.
Graciñas á xente que foi menos visible, por discreta, distante ou sensata, entre Pinto e Valdemoro, ou entre Cambre e Culleredo.
Graciñas a Nicanor e a Fórum Própolis, pola súa acollida.
Graciñas a quenes participastes coa vosa enerxía, ou simple presencia, das jams, palestras, obradoiros, cabaretes, concertos, presentacións, accións e reaccións.
Graciñas a todas as propostas, sairan adiante ou non.
Graciñas á xente que decidiu isto último, que non foi doado...

E a algunha xente amargada que precisa compartir o seu amarguexo cos aínda non dabondo amargados...,
o noso máis sentido pésame...,
e podedes ir amargar ó quinto carallo, que nós, xa nos amargamos ben sen axuda, graciñas, de cando en vez, e non fodemos ós demais con leccións de "como ser parvo con aproveitamento, e satisfeito de selo" pra inculcarllas a outros...,
que pra ser parvo non se precisa aprendizaxe, chega cun chisco de alienación e unha pinga de Cardhú, que sodes moi finos, e refinados...

E se nos esquecemos dalguén..., pois nos esquecemos e non pasa nada, que carallo!

Apertas.
Vémonos...
Ollámonos...
Mirámonos.

7 comentarios:

Graciñas a todas e a todos por ter feito daqueles sotos algo máis que un espazo.

(Flaco) Chirla

Graciñas a vós, por abrir un outro espacio de luz alternativa a esta sociedade alienada.

Pola autoxestión, pola capacidade de facelo unha mesma, de discrepar, de discutir, de aturar ás amargadas, ás quintacolumnistas boicotadoras (de dentro e fóra), por soster un espacio con tanta vida nun outro barrio da cidade (Monte Alto is not diferent! es tan loitador e obreiro coma a Agra, Castrillón, Labañou,...)

Ánimo e a seguir aprendendo e sementando rebeldía e autoxestión alá por onde esteades cada unha.

Unha e mil veces gracias !!!

Dr Who

A pesares do mal que me fixo a nova, fico orgulhosa de ter compartido tan fermoso espazo.... E agora será noutro, pero seguirá sendo, A UTOPÍA SEGUE VIVA!!! FORZA!

Vera

Ánimo e a seguir cara adiante, sexa onde sexa!

hello... hapi blogging... have a nice day! just visiting here....

Hola que tal, queria saber si es posible y si lo es de que manera, podria proponer alguna actividad o ver si se puede usar el espacio de Propolis para algun concierto o evento concreto, al estilo de lo que se viene haciendo en las Atochas. Un saludo. Abel Garcia.

Por suposto que esta despedida non representa a todo o colectivo de persoas que participou no proxecto. Seguramente representa á persoa que escribiu. Pero polo menos a min, desde logo, non.

Cando se escribe algo en nome dun grupo, ou cando menos cando se fala en plural, hai que saber que o que se está dicindo o pensa toda a colectividade. Non é o caso.

Un saúdo forte a todos os que participastes no proxecto, e por suposto un agradecemento moi especial a Nicanor, sen o cal todo isto non tería sido posível.

Gracias pola vosa compañía e traballo (aínda tanto tempo despois), para min nunca deixou de ser estimulante.

Álvaro