jam ao cubo mercoressetedoundonove

Como cada 54 días, os planetas do sistema solar alcanzan unha alineación, na que, se os estivesemos a observar dende a estrela da Vía Láctea máis próxima á Terra, describirían un signo de interrogación que ten coma punto ao Sol.
...todo isto é inventado, pero... ao mellor non é mentira.

Sexa como sexa, esa grande interrogante si que se aparece cada 54 días nun punto moi exacto, os cada vez máis chusquiños sotos do 115 da rúa Barcelona.

E este mércores 7 de xaneiro, a partir das 20h30, comezará a coller forma o resultado deste novo experimento de creación espontáneo-colectiva.
Un laboratorio onde o arte se agocha tras unhas lentes ao estilo Clark Kent, e busca desdibuxarse, desestereotiparse, desfigurarse, desaparecer para así poder aparecer en cada esquina.

Poida que un espirro, sexa algo máis que iso, pero pode que só sexa un espirro...

...haberá que pasarse a escoitar espirros, ou a espirrar, a ver en que nos convertimos.

Creada a confusión, só queda dicir:

Mirámonos por Própolis.

hoxe martes 30, non haberá canción creativa

Ola
novas no ultimisimo momento.
Hoxe martes 30, o obradoiro de canción creativa non será.
Retomarase o próximo martes 6, coma se non pasase nada.

Desculpade as molestias.

chamamento para o cabarete do dezasete

olá

polo submundoPrópolis andamos a argallar a mellor maneira de conquista-lo mundo...

...e mentres non a atopamos, pois imos facendo outras historias.

E esta vez trátase de montar un cabarete baixo terra, de mudar en sala de variedades, dun serán de inconexións conectadas, dun cantante seguido dunha trompetista seguida dun bailarín seguido dunha cómica seguido dun contorsionista seguido dun ventrilocuo seguido dunha malabarista seguida dun mimo seguido dunha acróbata seguidos todos de aplausos, abucheos, ovacións, jaleos, interxeccións de sorpresa, repulsa ou admiración...

Así que precisamos de cantantes, trompetistas, bailaríns, cómicas, contorsionistas, ventrilocuos, malabaristas, mimos, acróbatas...

Se alguén da superficie ten algún número, shou, experimento, performance... de ata 10 minutos de duración (ou non moito máis), e tras aburrir a tódalas amizades non atopa onde mostralo, que o faga saber en porpropolis@gmail.com, e pouco a pouco iremos articulando tódalas propostas.
A idea é xuntar ao redor de 8 numeros variados
, xa aí algunhas propostas, e se xuntamos máis, para os seguintes. Así que non caledes, e facervos ver.
A escena ten 3x3,50x2.80 (anchoxfondoxalto) aprox., cun espacio utilizable diante da escena de 4,20 de ancho e 2 de fondo a maiores (todo en metros).


Outra por outra banda, a idea é a de montar unha minibanda para o día, algo sinxelo, unha percusión básica, guitarra, baixo, para acompaña-los números en vivo. Polo que quen precise música para a súa proposta, que faga saber que tema, ou que estilo quere, para que a banda se poña a preparalo canto antes.

E máis nada, xa irán aparecendo máis novidades.

Mirámonos por Própolis

Comida nom Bombas




Este Sábado 27 na Praza das Conchiñas a partir do mediodía: Xantar Popular, Obradoiro, Tenda de Troco, Animación...

Porque a comida é un dereito non un privilexio.

Comida nom Bombas +info en:

http://galiza.indymedia.org/gz/2008/08/16745.shtml

http://www.foodnotbombs.net/spanish.html

e vos deixamos unha pequena mostra da II Edición do Xoga na Rúa do pasado Lúns...outra vez volvemos a xogar nun espazo noso.

en breves mais...

Mañá Xoga na Rúa


Sobre ás 8:00 no Obelisco!!!!! Non o Esquezas!!!! Tráete todas as tuas gañas de Xogar porque imos montala!! E reinvindicar un espazo que dende pequenos foi noso!!!

do 17 ó 22...

Programación Propolis:

Hoxe Mercores 17;

Obradoiro de Calceta con Carmela
Carmela imparte o Obradoiro de Calceta para principiantes e os non tanto... Bufandas, chaquetas, agullas, calcetas e boa conversa!8.00pm

Mañán Xoves 18;

Limpieza Comunal, entre todas ás máns que poderamos reunir, iremos habilitando espacio para os diferentes Obradoiros e salas plantexadas. A partires das 6.00pm

Tod@s somos inmigrantes, Igualdade de Dereitos. Concentración e lectura de manifiesto na Praza das Conchiñas as 8.00pm

Venres 19;

Obradoiro de Ioga con Juven

O hatha-yoga, o largo do curso realizaránse exercicios de Prana, Asanas, Relaxación e Meditación. Sácate o estrés de dentro!!!9.00pm

Lúns 22;

Volvemos a Xogar na Rúa!!! unha vez mais imos recuperar un espacio noso, dos nosos xogos, esta vez diante do Obelisco ás 8.00pm; Prepárate para Brile, Corda, Twister, Sillas...

Cousas de Bicis...Rcyclos! + Fotos Moncho

Pistoletazo de saida para o Proxecto Rcyclos en Propolis.
Mostra diso é poder comprobar como os obxetos Propoleros van facendo migas cos pedales, iantas, rodas e demais pezas que empezan a asomar a cabeza dende as suas caixas de cartón.
Comenzamos con RCYCLOS!

Quen queira unha bici, que tenha unha bici.

Se andas interesado neste Proxecto da forma que sexa manda un correo a porpropolis@gmail.com co asunto Rcyclos



E xa de remate colgamos unhas fotos do noso querido Moncho, o seu flickr con mais fotos en enlaces, do Obradoiro de Canción Creativa con Manu Clavijo.

primeiras pedaladas de rCyclos Própolis


Este luns 15 arranca rCyclos Própolis

un taller de bicicletas autoxestionado, con tres obxectivos coma punto de partida:

Recoller

Reparar

Regalar


Ao longo da tarde do luns comezarán os traballos de acondicionamento do espacio, e a coller forma para convertirse nun lugar no que facer de cada bicicleta un coche menos.

E comeza cunha campaña de recollida de bicis, pezas e ferramentas en desuso. Así que si alguén por aí ten algo disto ao que non lle pode dar un futuro digno, este luns pola tarde nace un espazo onde darlle unha nova vida.

Quen queira unha bici, que tenha unha bici.

Teatro+Ioga+Iogures+Cadeas+Pilo

Hoxe Limpieza ás 6:00, e o remate gran comida degustación para celebralo. O plan e vente a limpiar e traéte as mans e vente a comer e tráete un prato de comida. 


Lembrade que Mañán temos o Laboratorio de Teatro ás 7:00pm e o Obradoiro de Ioga as 9:00pm

O conto da competición da 1º Competición de Iogures realizada  entre a xente de A casa Okupa + Masa Crítica + Propolis velaquí tedes o incribel documento gráfico da proba.

E xa que de videos vai o tema, outro documento gráfico sobre o conxunto humano que fai viable este proxecto, como as mans nunca sobran e as cadeas canto mais largas millor. Gracias a tod@s!!! Porque o espazo está ahí...

E xa que imos de promoción, velahí tedes un video con entrevista que lle fixeron a un artista coruñés e colaborador nos graffitis de Propolis, Jacobo Jaspe "Pilo" a xente de Novaxoven, a entrevista en: http://www.novaxove.com/es/nxreportajes/por-el-color-en-las-calles.html

Cousas de Limpeza, Iogures e Bicis...

E a unión fixo a forza, Xente de Propolis + Xente da Masa Crítica + Xente da Casa Okupa... As xornadas de impeza foron duras e con resultados favorables, cada vez mais m2 liberados e con ganas de ter uso e de facer cousas!

Que non sabes de que vai a movida pois velaqui un resumo breve... 


MARZO 2008:


DECEMBRO 2008:

E velaquí tedes unha mostra do 1º Concurso de Iogur na Rúa! video incluido!

e PRÓXIMAMENTE!!! ReCyclos Propolis; Ás 3 Erres: Recoller, Reparar e Regalar.

Se o teu e a bici, o no oil, o movemento sobre duas rodas(ou unha) e non catro, tes unha bici no trastero, non a tes pero coñeces quen si, se tes unha estática e queres coñecer mundo xunto con mais xente, andate con tino que dentro de pouco temos movemento bicicletero!

Lembrade!Hoxe Limpieza!!


Hoxe continua a misión...liberar espazo para continuar facendo cousas...canto mais espazo mais cousas...sinxelo!!!

a partires das 6 en adiante!!! Avanti toda!!

Collendo impulso e a por Decembro!

Martes: Obradoiro Canción Creativa con Manu Clavijo

Mercores: Obradoiro de Calceta con Carmela

Xoves: Quedada comunal para a Limpieza e Recollida do -2, Necesitamos mans!!!

Venres: Obradoiro de Ioga con Juven. Esta semán non hai Teatro, continua a semán seguinte.

Sábado: Festa rachada Reggae no antiguo Piramide con Goodchilla Sound Sstem - Michal "Polaco"

Luns 8  festivo: Quedada comunal para a Limpieza e Recollida do -2, necesitamos pes!!!!!

E xa para rematar colgamos un video sobre un tema que non debemos esquecer por moi lonxe que sexa o tema da inxustiza, abandono e violación dos dereitos humáns que sufreo o pobo saharaui dende 1975. 

www.todosconelsahara.com

Neste video temos unha mostra da visita de Manu Chao xunto co guitarra da sua banda Madjid e Akli D cantante, os campos de refuxiados. Dajla 2008