jam ao cubo mercoressetedoundonove

Como cada 54 días, os planetas do sistema solar alcanzan unha alineación, na que, se os estivesemos a observar dende a estrela da Vía Láctea máis próxima á Terra, describirían un signo de interrogación que ten coma punto ao Sol.
...todo isto é inventado, pero... ao mellor non é mentira.

Sexa como sexa, esa grande interrogante si que se aparece cada 54 días nun punto moi exacto, os cada vez máis chusquiños sotos do 115 da rúa Barcelona.

E este mércores 7 de xaneiro, a partir das 20h30, comezará a coller forma o resultado deste novo experimento de creación espontáneo-colectiva.
Un laboratorio onde o arte se agocha tras unhas lentes ao estilo Clark Kent, e busca desdibuxarse, desestereotiparse, desfigurarse, desaparecer para así poder aparecer en cada esquina.

Poida que un espirro, sexa algo máis que iso, pero pode que só sexa un espirro...

...haberá que pasarse a escoitar espirros, ou a espirrar, a ver en que nos convertimos.

Creada a confusión, só queda dicir:

Mirámonos por Própolis.

0 comentarios: