chamamento para o cabarete do dezasete

olá

polo submundoPrópolis andamos a argallar a mellor maneira de conquista-lo mundo...

...e mentres non a atopamos, pois imos facendo outras historias.

E esta vez trátase de montar un cabarete baixo terra, de mudar en sala de variedades, dun serán de inconexións conectadas, dun cantante seguido dunha trompetista seguida dun bailarín seguido dunha cómica seguido dun contorsionista seguido dun ventrilocuo seguido dunha malabarista seguida dun mimo seguido dunha acróbata seguidos todos de aplausos, abucheos, ovacións, jaleos, interxeccións de sorpresa, repulsa ou admiración...

Así que precisamos de cantantes, trompetistas, bailaríns, cómicas, contorsionistas, ventrilocuos, malabaristas, mimos, acróbatas...

Se alguén da superficie ten algún número, shou, experimento, performance... de ata 10 minutos de duración (ou non moito máis), e tras aburrir a tódalas amizades non atopa onde mostralo, que o faga saber en porpropolis@gmail.com, e pouco a pouco iremos articulando tódalas propostas.
A idea é xuntar ao redor de 8 numeros variados
, xa aí algunhas propostas, e se xuntamos máis, para os seguintes. Así que non caledes, e facervos ver.
A escena ten 3x3,50x2.80 (anchoxfondoxalto) aprox., cun espacio utilizable diante da escena de 4,20 de ancho e 2 de fondo a maiores (todo en metros).


Outra por outra banda, a idea é a de montar unha minibanda para o día, algo sinxelo, unha percusión básica, guitarra, baixo, para acompaña-los números en vivo. Polo que quen precise música para a súa proposta, que faga saber que tema, ou que estilo quere, para que a banda se poña a preparalo canto antes.

E máis nada, xa irán aparecendo máis novidades.

Mirámonos por Própolis

2 comentarios:

Grandísima proposta rapaces!
vémonos pronto polo subterráneo
Bo fin de ano.
Carlos/Chirla

Veñaaaaa a por ese cabaret!!!