ORDEN DE CESE DE TODA ACTIVIDAD, Y ASAMBLEA ABIERTA, HOY A LAS 21:45, APROX.

Boas.
Dícese que la denuncia de un vecino -que firma como "presidente de la comunidad", no sabemos con cuanto apoyo en la misma-, ya conocida, ha llegado por escrito a Nicanor en el día de ayer, en forma de ORDEN DE CESE DE TODA ACTIVIDAD, incluída librería, informa Jose Luis aquí en Própolis.
Debía hacerse efectiva inmediatamente.
Hoy tenemos Asamblea Abierta, ya programada, a las 9 y media / 10.
Desde Própolis, se hace un llamamiento a la asistencia de toda aquella persona aún interesada, de una forma u otra, en este nuestro espacio, para enterarse más en concreto de la situación de boca de Nicanor, así como para decidir entre el mayor número de gente posible, que pasos, acciones o reacciones tomar, desde la legalidad o desde la misma calle.
Os esperamos, mucho más incluso de lo habitual. Unha aperta.

Mañá, 30 de decembro, non haberá clase de cerámica

Concerto de JAVIER FERREIRÓS, Venres 18, ás 9 da noite.

Despois da súa xira por medio mundo -sen sair do Barrio Alto de Lisboa-, e pasando por Ribeira -tan bo lugar pra botarse a perder coma calquera outro-...
..., compartindo con nós o seu novo E.P...
Non, non ven a ser Estufado de Porco, larpeiros; significa "Extended Play", en inglés, e "tocar extendido" en castelán.
Ou sexa, poñerse en pé, cun instrumento nas mans, e facelo soar, supoño eu.
Pois iso, de novo en Própolis, coa súa guitarra..., coa súa armónica..., con ese encanto natural -se alguén lle pode emprestar un pouco do seu, agradécese-..., e con esa singular e afinada -que non refinada- voz..., JAVIER FERREIRÓS, que non é o do debuxo, ollo.
Cos seus temas, con recordos ós grandes, e con grandes versións melloradas de outras non tan grandes. Ese zurdo revirado...
Achégense, ollen, escoiten e, cando teña rematado, marchen, polo que máis queiran.
Mirámonos en nadiña.
www.myspace.com/javierferreiros

Aprázase o SLAM POESÍA do Sábado 12, mais a Reggae Sesion do Venres 11 non se move, niente di niente.

Xa se retirou do blog e do calendario fai ben de días, mais pra a xente que o teña visto nas programacións impresas, lembramos que o Slam Poesía do Sábado 12 aprázase, pola imposibilidade dos seus promotores de levalo ese día, e pola triloxía das 3 Ts:
Traballos, Tarefas e Trebellos varios.
Posiblemente, fágase en Xaneiro.
Seguiremos informando.

Maila sesión reggae do Venres 11, segue en pé.
Pulpo Reggae Sound + Selassie Sound System, xuntos, revoltos, e ben levados.
Con toda a xente que se achegue -liberada das mesmas 3 Ts antes mencionadas-.
Coa enerxía tricolor ben presente. Ás 8 da tarde.
Boa finde, compañeiros.

Antes, o sábado 5, un pincho de aperitivo...; e comenzan tamén, os sábados de Alfabetización pra adultos, ás 11:15 horas.

Un pincho de pescada?
Non, non, non. Iso, na Franxa.
Aquí o pincho -e o pincha- é de Puuulpo!

Á Mugardesa ou á Feira?
Non, xente, non!
PULPO REGGAE SOUND, por suposto.

Ahhhá. E así en frío e de solei?
Que va, ó! Con MC DJILA.
La duda ofende, querido Pazos.


Pois iso, de 8 a 10, aproximativamente. Pra todos vós.
Boa ponte, e chegada ó outro lado da mesma.
Alá imos, tintxiñoooo...

Domingo 6: Alvaro Muras... improvisa con vos!

Hola! El proyecto musical del bajista Álvaro Muras y su estilo particular de ver el funk fusión se podrá ver el:

Domingo 6 de diciembre en Própolis, 20:00h.

C/Barcelona, 115. Coruña

Entrada libre.

Improvisa con vos... abre las puertas del escenario.

La personas, músicos, artístas e inquietos que deseen participar esta tarde con nosotros dentro o fuera del escenario podéis bien traer vuestro instrumento o bien dejaros caer por allí.

Si necesitáis algo en concreto no dejéis de escribir a alvaromuras@yahoo.es para tomar nota de vuestra participación y así para que te todo salga más fluido.

Saludos y gracias por la atención prestada!

www.alvaromuras.com

Este Venres 27, JAMxJAMxJAM...

..., JAM Ó CUBO, 54 días despois dos 54 anteriores, que levaban xa 54 días agardando a poder ser computados, e así, sucesoriamente, ata..., o mesmo día da creación..., da Jam ó cubo, non do mundo, coidadín.

Ben mirado, puido ser o día da creación..., doutro mundo, un mundo paralelo -ou paralelepípido, según se mire- onde experimentar e improvisar con liberdade total, parcial ou puntual -liberdade, de calquera xeito-, o sin senido dos vosos sentidos: musicais, danzantes, poéticos, plásticos..., mais non de plástico, só de mente e inconsciencia.
Quen desmaie, pode quedar no chan -ou nun sofá- ata recupera-la parvada, e recollerse a un tempo.

A partires das OITO E MEDIA, con puntualidade suiza, ou á hora que vos pete chegar.
Iso xa vai coa condición, situación, ou perdición de cada quen.
Mirámonos...

Este mércores comenza o Obradoiro de Cerámica, con Rober. E o xoves, outra volta de Xogos na Rúa, con quen sexa.

Que mércores?, vos preguntaredes.
Quen escribe, responde: MÉRCORES DEZAOITO, escrito está no calendario.
A que hora?, alguén moi curioso, e un pelín interesado, estará a pensar.
Ás ONCE E MEDIA... DA MAÑÁ.
Ten que ser un erro..., ese furado non pode ter vida polas mañás...
Andaremos e veremos, dicían os vellos.
Quen non teña outra leria, que se achegue; se está aberto, que entre.
E se lle presta, que se quede.

E o XOVES DEZANOVE, ó día seguinte, ás OITO -acougade- da TARDE, XOGOS NA RÚA, no Obelisco, doutra volta.
E que non morran, ó contrario, expándanse, circulen, e roten, se cadra.
Levade o que vexades. Deica xa.

Xa vai, xa vai, doentes!! Sábado Catorce de Novembro, a partires das 8 e media. Xa pero xa!!

Cabaret? Pra que!
Egalité, Fraternité..., e Varieté!; á Liberté chégase ó morrer!

E Cabaré, tamén!
De taberna, de tasca, de furancho, de teatro, e de auditorio!

Un ratiño, rato, ou ratón -ou dous-, de propostas curtas e diversas:
DANZA, MIMO, MÚSICA, TEATRO, MALABARES, POESÍA, MAXIA, e unhas cantas sorpresas innomeables, inclasificables, e infestadas de inxenuos ilusos inscritos no INSS.

Acougade, ó, que tamén hai bar!

As da foto non saen, saídos!

Se hai mulleres? Si, ó, si...
E homes tamén, parvos!
Ou pensades que imos molestarnos en pedir á entrada credenciais sexuais, tendenciais, ou patrimoniais?
Vós pensades que non temos cousa mellor que facer...
Róncalle o nabo!

Veña, entrada libre, e saída tamén, pola mesma porta.
Vémonos alí..., supoño..., se ides..., e imos nós..., e non cae o teito antes..., das nosas casas ou das vosas.
Abbracci per tutti. Deica.

Volta o Obradoiro de Ioga a Propolis!!!!




Logo do parón estival, volta Juven co seu Obradoiro de Ioga.

A partir do luns 9 de novembro, e tódolos luns de 21h a 22h volvemos a disfrutar da paz e tranquilidade de todo este mestre do ioga!!!!


Simpremente traede roupa cómoda e preparádevos pra iniciar esta viaxeeee!!!

E tamén o venres 6, un pouco antes do magosto, seminario -sen sotanas- da Universidade Invisíbel.

A partires das 5 da tarde, visítanos Marga M. Escamilla, xurista madrileña e cara pública do traballo do Grupo Inmigración e Sistema Penal -e xa antes con Ferrocarril Clandestino- contra a reforma da Ley de Estranxería, centrado en campañas de denuncia "CONTRA LA CRIMINALIZACIÓN E INGRESO EN PRISIÓN DE LOS MANTEROS" e “PARA QUE EL DERECHO NO SE DETENGA A LAS PUERTAS DE LOS CIE”.
Dádevos por invitadas -incluidas homes- a participar, cos vosos ouvidos e as vosas cuestións.

MAGOSTO POPULAR ESTE VENRES!!!!!!!!!!!!!!


Este VENRES 6 DE NOVEMBRO, a partir das 20.30h. temos un novo Magosto!!!!
Con pasarúas, foliada, contacontos, xantar, queimada e moitas sorpresas mais!!!
E castañas, moooitas catañas que nos traen un ano mais os do bar Volta!!!

Animadevos a SANTA CASTAÑA!!!

Oh, my God!!! Obradoiro de Teatro

Voltan as clases de TEATRO A PROPOLIS!!!!!!

A partir do xoves 5, todos os xoves de 18 a 20h, Obradoiro de iniciación ó teatro!!!!

Mariel Dominguez sumérxese nos baixos propoleiros pra facernos bucear en ideas, movimentos, ilusións, textos e moito mais!!!

A saber que se lle ocorre facer con nos!!

Pra comezar ela ponse moi seria e di...!:

El Taller está dirigido a todas aquellas personas que tengan ganas de divertirse y desarrollar su imaginación y creatividad, no es necesaria formación previa.

Nos acercaremos al Teatro a través de la expresión corporal y la improvisación, con el objetivo de ampliar y potenciar nuestra capacidad de sentir, expresar y comunicar. Trabajando técnicas y juegos teatrales, para lograr seguridad y espontaneidad, descubriendo y utilizando las múltiples posibilidades del cuerpo por medio del juego y la improvisación.


Contenidos de la clase:

Expresión corporal

Trabajo básico de la voz

Juegos teatrales

Improvisaciones


... pero non vos fiedes... é moi boa actriz!!!!

Para saber mais dela... http://clasesteatro.blogspot.com/


E COMA SEMPRE... TODO DE BALDE!!!!!

Programa Novembro 2009



Este Venres 23 de outubro, ás 9 aprox.: Concerto de MACHINA.

Encintado en Cerceda, xestado a cabalo de Nantes, e alumbrado en Nigrán -parido, ó!-, a nova criatura de Machina xa vai de xira: POST-BRAVÚ.

Disque "sen etiquetas": ou sexa, pra que non os localicen en caso de reclamación, os moi valentes...
Disque "uns temas che gustan e outros non": coma os pementos de Padrón.
Disque "a quen lle guste ben, e a quen non tamén": aí os tedes, que fan o que queren, os fulanos...
Con criterio propio. Hai que foderse con este persoal.

Que escoitemos e "que cada quen o interprete ó seu xeito, ou o malinterprete". Estade acougados, ó, que haiche ben de especialistas en malinterpretar por aí soltos, e revoltos.

"Pola boca morre o peixe" -a primeira do disco-.
Máis info MachinaGz: súa páxina; seu space.

Benvidas todas e todos, pipiolos.
De balde, coma sempre.
P.D. (Por Deformación): Dalgunha vez, ou xeito, váisevos cobrar..., e aínda teredes as santas bolas de pagar..., o holocausto nuclear chegará..., auga non haberá..., mais a cervexa sobrevivirá, e a coca-cola triunfará: jA-jA-jA-jA.
Sálvanos Satanás!

Este Sábado, Dez de Outubro, ás oito e media, concerto mixto e previsto de INLLORFEIS e SPINAL WINS.

Pra vós, escépticos do demo, e crédulos de deus, velaí o tedes. Era certo e ben certo. Dous polo precio de ningún.

Punkarras coas súas guitarras, hardcoretas -que non anacoretas-, rockeiros ou garaxeiros..., quen carallo define a semellantes pezas?
Mellor vai ser escoitalos, cun ouvido atento e outro disipado.

Veñen xuntos, pero non revoltos. Revoltos encherán, os vosos bandullos, de pracer musical.

Quen precise dun adianto, que vaia ós seus maispeis.
Quen non o precise, veña provisto de mans e pés.

Hai que facervos un croquis, ou que?
Todo hai que dicírvolo, me cagho en pé!!
Veña, a raña-la testa doutro. Deica o dez, e máis aló.

Viernes 2 de Octubre. Concierto solidario


Asamblea Aberta polos Dereitos das Persoas Migrantes é unha plataforma de unión entre diferentes colectivos e organizacións que está a poñer en marcha a Manifestación en Contra do Proxecto de Lei de Extranxería na Coruña. Convidamos a todo o mundo a asistir a este evento no que se recaudarán fondos para os gastos da mani (ésta terá lugar o 18 de Outrubro ás 17h. e partirá da Plaza das Conchiñas).

A entrada e libre, con aportacións voluntarias para recadar os fondos. Haberá cervexa e té senegalés.

Próxima Jam ao Cubo, 4 de outubro



Unha vez máis, como cada 54 días, temos próxima, cercana, inmediata, achegada, contigua, a oportunidade de mostrarnos cordos, no noso xusto xuízo, asisados, xuizosos, e sacar a persoaxe de fábula (todos a temos) que levamos dentro máis ou menos caladiña a facer o que lle pete, ou casi (asasinar e fumar non che son benvidos nos sotos). ¡Mirámonos!

Teatro del Oprimido: Itinerarios Descalzos

Este Viernes 25 concierto SIVARITAS

Sobre ás 10 e algo....
Entrada de Balde...

Annamoviek + Ariel Ninas - Concerto este viernes 18 ás 10:00!!!!



ANNAMOVIEK + ARIEL NINAS


A improvisación libre é a linguaxe sonora onde diversos elementos -non musicais- cobran unha especial relevancia resultando experiencias sensitivas inexperadas e moitas veces posivamente sorprendentes. Cando menos, a indeferencia é un valor deste tipo de concertos.

O trio Annamoviek + Ariel Ninas ofrece unha viaxe por diferentes paisaxes sonoras alimentadas na espontaneidade da propia actuación e cun rumbo marcada a cada viraxe que os músicos toman. Diferentes fontes emisoras -instrumentos étnicos, de elaboración propia, electroacústica, efectos dixitais- describen espazos sensoriais sen definir que o espectador debe encher coa súa imaxinación.


ARIEL NINAS: zanfona electroacústica

Ariel Ninas (a.k.a. Mauro Sanín Leira) naceu no 1979 en Ferrol. Músico de iniciación autodidacta e aprendido con Óscar Fernández -Cepés, bOnOvO-, de carácter multidisciplinar leva tocando a zanfona desde o ano 2001.

De espírito inquedo e nómade viviu en diferentes cidades de Galicia, en Madrid, Londres e Oxford onde formou parte da escena musical independente desta vila tocando en diversos proxectos individuais e co colectivo ecléctico e inclasificábel Inflatable Buddha con quen gravou dous discos e xirou durante tres anos por Inglaterra e Gales onde puido actuar en festivais coma o Glastonbury, Big Green Gathering ou Oxford Folk Festival.

Metido na improvisación libre desde o 2007 é membro de OMEGA, Orquestra de Música Espontánea de Galicia, con quen ten actuado nos Festivais de Jazz de Vigo (ImaxinaSons), de Ferrol (Deriva Jazz), Espazos Sonoros, Festival TPS de Improvisación Libre con directores da talla de Fred Frith, Michael Fisher, Pablo Rega ou Chefa Alonso.


ANNAMOVIEK, dúo de emisión vibracional, activado en Galiza no 2006, no que se mesturan voces, electrónica, instrumentos étnicos e de creación propia na procura dunha comunicación emocional por medio das voces e o seu tratamento. Investígase asi mesmo con prácticas de lectura como posta en valor das posibilidades simbólicas da linguaxe en combinación ou contraste coa música coa que se mestura en cada intre.

P.O.P (voz + obxectos sonoros): artista plástico, músico autodidacta. Membro cofundador do Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro (T.P.S.). Compoñente da Orquestra O.m.e.ga., ten colaborado cos improvisadores Patxi Valera, LAR Legido, Rafa Xaneiro…

Move (voz + obxectos sonoros): artista multidisciplinar. O seu traballo desenvólvese nos campos da música e das artes plásticas. É compoñente de varios proxectos de improvisación, entre eles a Orquestra O.m.e.ga e o dúo co improvisador francés Mathias Pontevìa.


Ligazóns:
Myspace Ariel Ninas: http://www.myspace.com/arielninas
Orquestra OMEGA: http://www.myspace.com/omegalicia
Entrevista xornal: http://www.lavozdegalicia.com/santiago/2009/02/04/0003_7506175.htm?idioma=galego

CONCIERTO SKARALLAOS - VIERNES 28

CONCIERTO 21 - FERRALLAROCK

Este Viernes 21 de Agosto contaremos co concerto do grupo de Cambre FERRALLAROCK
esperamosvos por ali a iso das 10pm!!!!
Entrada gratuita e barra con bebidas frescas!

Este Viernes CONCERTO CHOTOKOEU!!!!!

Este viernes contaremos coa actución dos chavales de CHOTOKOEU

a partires das 10 da noite

Mirámonos por Propolis!!!!

JAM3!!!!!


Mañá temos JAM·3!!!!!!

Novamente!!!!

CONCERTOS DE VERÁN EN PROPOLIS, Entrada of Balde!

Aquí vos contamos un pouco a Axenda que temos de Concertos para este Verán, con entrada de Balde!!!

Venres 31 de Xulio:
Fracasados de Antemano + CIA
http://www.myspace.com/fracasadosdeantemano


Venres 14 Agosto:
Chotokoeu
www.myspace.com/chotokoeu Venres 21 de Agosto:
FerrallaRock + DefectivyWonders
http://www.myspace.com/ferralla
http://www.myspace.com/defectivy



Venres 25 de Septiembre:
Sivaritas
http://www.myspace.com/sivaritasgoliardos


Sábado 10 de Outubro:
Inllorefies + Spinal Wins (dende Currubedo)
http://www.myspace.com/inllorfeis
http://www.myspace.com/peleaconspinal


Venres 16 de Outubro:
Machina (dende Ordes)
http://www.myspace.com/machinagz


E ainda non pechamos a axenda....quedan grupos por confirmar!!!! Mirámonos por Propolis

Canción Creativa - Volvemos en Septiembre


Las clases impartidas por Manu Clavijo del Taller de Canción Creativa, los Martes a las 9 en Propolis, quedan aplazadas por descanso de verano hasta Septiembre.
Te esperamos!

Mirámonos por Propolis

Video da MANI-FESTA-ACCION

Encontro entre o Grupo Gai de Bahia (Brasil) e Maribolheras Precárias [mércores 1 de xullo ás 21h]



Falarán: Octávio Reis (activista do grupo LGBT das Favelas de Bahia) e Maribolheras Precárias. Colóquio no que se abordarán diversos aspectos relacionados coas loitas LGBT no Brasil e na Europa, a realidade queer das favelas de Bahia, a influencia do candomblê nas sexualidades afrobrasileiras, ou a relación entre raza, clase, e sexualidade na sociedade brasileira.

San Xoan: Sardiñas, Cachelos, Friscollos e Pan!

Este Martes temos festa rachada polo San Xoan!!!!

Xunto coa xente do BAR VUELTA temos sardiñada popular na rúa, xusto frente a Propolis (C/Barcelona 115)

Disfruta dun bo vaso de viño tinto xunto cun anaco de pan e sardiñas recien feitiñas na brasa!!!
e todo amenizado cun concerto dos mais auténticos OS FRISCOLLOS + Banda de Momám + Cachelos!!!!!

Todo a partir de as 7:30pm da tarde!!!

E xa comentar que o Xoves desta misma semana este energumenos grabarán 4 temas en directo dentro da Sala a eso das 5 da tarde.....contamos con todos aqueles que se presten a deixar constancia das suas voces neses temas!!!!

Mirámonos por Propolis!!!

jam ao cubo [xoves 18 ás 21h]



Chega unha no va Jam ao Cubo, máis Jam ao Cubo que nunca, ou tan Jam ao Cubo coma sempre.

Tan indescriptible, tan impredecible, tan participativa, tan inquedante, tan insospeitada coma sempre.

Xa levamos máis dun ano pendentes deste particular ciclo lunar de 54 días, no que cada vez, a alineación das enerxías telúricas aloxadas nas saturadas esponxas que gastan por miolos os especímenes que no andagraund Própolis se dan cita, para escurrirse, exprimirse e salpicarse...,
permítenos observar, colaborar e participar de experiencias imposibles de transmitir cos mecanismos clásicos da comunicación.
Achégate, e despois trata de explicarllo a alguén.

Unha nova jam ao cubo.
Unha nova improvisación brutal.
Sen pautas, sen guión, sen vergoña.

Este xoves 18 ás 21h

Mirámonos porPrópolis

VIERNES 19 ás 9:30pm PULPO REGGAE SOUND


Este Viernes ás 9.30pm temos o pracer de presentar:
PULPO REGGAE SOUND SYSTEM
Entrada de Balde

mani-festa-acción do 27 de xunho Maribolheras Precarias



O VINDEIRO 27 DE XUNHO

Hoxe non temos Canción Creativa

ANUNCIO DE ÚLTIMA HORA:

Hoxe non hai Obradoiro de Canción Creativa

Queda aprazado para a seguinte semana

Sau2

sobre o obradoiro de contacontos

Mañá luns 15 de Xuño,
continua o obradoiro de Contacontos unha sesión máis,

existe a posibilidade de que siga adiante?
pása mañán porPrópolis para sabelo.

Ou consulta neste blogue máis adiante,
a ver se con sorte hai algo de información.

Ata mañá ás 20h.

Se queres fedellar en bicicletas,
pásate antes,
sobre ás 18h.

Mirámonos porPrópolis.



Angelitos Negros + Arte Acción en Própolis [sábado 13 ás 18h30]

Este sábado 13 de xuño.
Ás 18h30

Temos dobre sesión chegada dende Madrid.

Contaremos con Raúl San Julian, presentando á curtametraxe dirixida por el:
ANGELITOS NEGROS
Un encontro entre dúas realidades entorno á emigración.
http://www.vimeo.com/3641375

E Mari compartirá a experiencia de ARTE ACCIÓN
unha iniciativa editorial englobada no proxecto
xunto con teatro de la escucha, a desalambrar, teatrozero e zerolaizquierda.

Apuntade na axenda, ou no dorso da man que aí suda menos e non se borra.
E difundide, graciñas.
Non ezquezades.
Todas e todos convidad*s.

Mirámonos porPrópolis

CONCERTO VENRES 12 ás 22:00



pinchade na imaxe para facela grande


Este Venres comezamos co ciclo de actuacións de verán en Própolis
Apertura do cartel pola banda de Ordes, o CHÍCHARO PSICÓTICO, a iso das 22.00, con entrada de balde para todo o público-

Formado por: Guilho Voz, Santónic Guitarra e voz, Mario Teclados, Prego Batería, Suite Baixos e voz...
Influencias The Clash, Joy Division, Sonics, AC/DC...

E Todo o puto rock and roll do mundo...Caralho!!!! http://www.myspace.com/chicharopsicotico



Video Mostra Obradoiro Tango

Unha pequena mostra do que foi o Obradoiro de Tangos impartido por Facundo Menéndez, (Argentina, B.Aires)
Gracias Facu!

Watch Obradoiro Muestra Tango in People & Blogs | View More Free Videos Online at Veoh.com

do 8 ao 20 en Própolis


pinchándolle sae máis grande

Presentación de colectivo Maribolheras Precarias [Luns 8 ás 21:30]


O próximo Lúns 8 ás 21:30 Presentación do Colectivo Maribolheras Precarias en Propolis

+ info no seu bolg: http://maribolheras.blog.com/

Video Resumo ANIVERSARIO PROPOLIS

Aquí vos deixamos unha mostra do video resumo (1ºparte) do acontecido o día do noso Aniversario...Pasarúas, actividades, comida, xogos, maxia, malabares....

Mirámonos por Propolis


Watch Aniversario Propolis in People & Blogs | View More Free Videos Online at Veoh.com

SABADO 13 Angelitos Negros + Presentación Editorial


O próximo sábado 13, a iso das 18:30pm da tarde contaremos coa proxección da curtametraxe ANGELITOS NEGROS, presentada polo guionista e director Raúl San Julian.
Mais a Presentación da Editorial ARTE y ACCIÓN. Un proxecto vencellado ao Teatro de la Escucha
www.teatroycompromiso.com

Sábado 30 Comida Non Bombas - Trocomoito [a partir dás 12]

Este Sábado no Campo de Marte [a partir dás 12] tras a escola de Música en C/la Torre, Trocomoito con diferentes actividades de balde:
- Tenda Libre
- Perruquería
- Rede de Troco
- Pintura na Rúa
- Baile e Pandereta
- Busqueda do Tesouro
- Comida non Bombas
- Obradoiro Malabares

festa hortera [venres 29 ás 21h] + Xoga na Rúa[xoves 28 ás 20h] + tangos[mercores o remate da Asamblea]

XOVES 28 ás 20.00 XOGA NA RÚA no Obelisco

Facundo Menéndez, nacido en Argentina Buenos Aires
realizará un Obradoiro Mostra sobre "El Tango"
mércores hora despois da Asamblea Popular

obradoiro de elaboración de xabróns de fregar [sábado 23 ás 11h30]

Este sábado 23, ás 11h30 da mañá.
Obradoiro de elaboración de xabróns de fregar a partires de aceite reciclado.
Con María (Lola Puñales)

Quen poida que leve batidora da casa (se hai máis, vai máis rápido), e tamén briks ou botellas plásticas, para face-los moldes.


Obradoiro de Contacontos [luns 25 de maio, 1 e 8 de xuño]




Obradoiro de Contacontos - Dirixido por Caxo
3 sesións os luns 25 de maio, 1 e 8 de xuño
Ás 20h.

"A narración oral. O conto tradicional. A comunicación. A voz. O xesto. A
vergoña..... O conto. A infancia. As faíscas da fantasía. Crear.
Adaptar..... CONTAR".


do 18 ao 31 de maio... e por Xuño...


ocurrirá nos próximos quince días

pincha para velo grande


Mirámonos porPrópolis

E para Xuño..... Angelitos Negros


Este Xoves 21 a eso das 10:30 Concierto de Os Friscollos no Area Critica na C/ Orzan 17


Dias das Letras Galegas '09 - Ramón Piñeiro López


Toda a súa vida loitou Piñeiro para conseguir que tódalas forzas políticas, económicas e sociais recoñecesen as señas de identidade de Galicia e reivindicasen os seus dereitos como pobo. E loitou con tal forza, entrega e convencemento que fixo conciencia da conciencia de Galicia. — (Benxamín Casal: A política como un deber).


+ info en:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Pi%C3%B1eiro

Hoxe diferentes actividades na Casa das Atochas

Domingo 17 de maio
17.00 horas Música tradicional
17.30 horas Palestra “A banda deseñada galega: a experiencia de Polaqia” a cargo dunha persoa do colectivo.
Máis información e descargas: http://www.redegalega.org/polaqia/2005/index.htm 18.30 horas Repichoca e xogos lingüísticos
19.00 horas Palestra-proxección “Contra a morte: Lois Pereiro” a cargo de Iago Martínez e Alexandre Cancelo. Mostra das primeiras imaxes do documental dirixido polos seus autores.
20.15 horas Palestra “Letras galegas: Ramón Piñeiro, o frautista de Hamelin” a cargo de Marcos Pérez.
Recital poético con Xiana Arias, Ana Cibeira, Daniel Salgado e Ramiro Vidal Alvarinho

+info en:
http://aculturapreokupa.blogaliza.org/