Programa Novembro 2009



Este Venres 23 de outubro, ás 9 aprox.: Concerto de MACHINA.

Encintado en Cerceda, xestado a cabalo de Nantes, e alumbrado en Nigrán -parido, ó!-, a nova criatura de Machina xa vai de xira: POST-BRAVÚ.

Disque "sen etiquetas": ou sexa, pra que non os localicen en caso de reclamación, os moi valentes...
Disque "uns temas che gustan e outros non": coma os pementos de Padrón.
Disque "a quen lle guste ben, e a quen non tamén": aí os tedes, que fan o que queren, os fulanos...
Con criterio propio. Hai que foderse con este persoal.

Que escoitemos e "que cada quen o interprete ó seu xeito, ou o malinterprete". Estade acougados, ó, que haiche ben de especialistas en malinterpretar por aí soltos, e revoltos.

"Pola boca morre o peixe" -a primeira do disco-.
Máis info MachinaGz: súa páxina; seu space.

Benvidas todas e todos, pipiolos.
De balde, coma sempre.
P.D. (Por Deformación): Dalgunha vez, ou xeito, váisevos cobrar..., e aínda teredes as santas bolas de pagar..., o holocausto nuclear chegará..., auga non haberá..., mais a cervexa sobrevivirá, e a coca-cola triunfará: jA-jA-jA-jA.
Sálvanos Satanás!

Este Sábado, Dez de Outubro, ás oito e media, concerto mixto e previsto de INLLORFEIS e SPINAL WINS.

Pra vós, escépticos do demo, e crédulos de deus, velaí o tedes. Era certo e ben certo. Dous polo precio de ningún.

Punkarras coas súas guitarras, hardcoretas -que non anacoretas-, rockeiros ou garaxeiros..., quen carallo define a semellantes pezas?
Mellor vai ser escoitalos, cun ouvido atento e outro disipado.

Veñen xuntos, pero non revoltos. Revoltos encherán, os vosos bandullos, de pracer musical.

Quen precise dun adianto, que vaia ós seus maispeis.
Quen non o precise, veña provisto de mans e pés.

Hai que facervos un croquis, ou que?
Todo hai que dicírvolo, me cagho en pé!!
Veña, a raña-la testa doutro. Deica o dez, e máis aló.

Viernes 2 de Octubre. Concierto solidario


Asamblea Aberta polos Dereitos das Persoas Migrantes é unha plataforma de unión entre diferentes colectivos e organizacións que está a poñer en marcha a Manifestación en Contra do Proxecto de Lei de Extranxería na Coruña. Convidamos a todo o mundo a asistir a este evento no que se recaudarán fondos para os gastos da mani (ésta terá lugar o 18 de Outrubro ás 17h. e partirá da Plaza das Conchiñas).

A entrada e libre, con aportacións voluntarias para recadar os fondos. Haberá cervexa e té senegalés.

Próxima Jam ao Cubo, 4 de outubro



Unha vez máis, como cada 54 días, temos próxima, cercana, inmediata, achegada, contigua, a oportunidade de mostrarnos cordos, no noso xusto xuízo, asisados, xuizosos, e sacar a persoaxe de fábula (todos a temos) que levamos dentro máis ou menos caladiña a facer o que lle pete, ou casi (asasinar e fumar non che son benvidos nos sotos). ¡Mirámonos!

Teatro del Oprimido: Itinerarios Descalzos

Este Viernes 25 concierto SIVARITAS

Sobre ás 10 e algo....
Entrada de Balde...

Annamoviek + Ariel Ninas - Concerto este viernes 18 ás 10:00!!!!



ANNAMOVIEK + ARIEL NINAS


A improvisación libre é a linguaxe sonora onde diversos elementos -non musicais- cobran unha especial relevancia resultando experiencias sensitivas inexperadas e moitas veces posivamente sorprendentes. Cando menos, a indeferencia é un valor deste tipo de concertos.

O trio Annamoviek + Ariel Ninas ofrece unha viaxe por diferentes paisaxes sonoras alimentadas na espontaneidade da propia actuación e cun rumbo marcada a cada viraxe que os músicos toman. Diferentes fontes emisoras -instrumentos étnicos, de elaboración propia, electroacústica, efectos dixitais- describen espazos sensoriais sen definir que o espectador debe encher coa súa imaxinación.


ARIEL NINAS: zanfona electroacústica

Ariel Ninas (a.k.a. Mauro Sanín Leira) naceu no 1979 en Ferrol. Músico de iniciación autodidacta e aprendido con Óscar Fernández -Cepés, bOnOvO-, de carácter multidisciplinar leva tocando a zanfona desde o ano 2001.

De espírito inquedo e nómade viviu en diferentes cidades de Galicia, en Madrid, Londres e Oxford onde formou parte da escena musical independente desta vila tocando en diversos proxectos individuais e co colectivo ecléctico e inclasificábel Inflatable Buddha con quen gravou dous discos e xirou durante tres anos por Inglaterra e Gales onde puido actuar en festivais coma o Glastonbury, Big Green Gathering ou Oxford Folk Festival.

Metido na improvisación libre desde o 2007 é membro de OMEGA, Orquestra de Música Espontánea de Galicia, con quen ten actuado nos Festivais de Jazz de Vigo (ImaxinaSons), de Ferrol (Deriva Jazz), Espazos Sonoros, Festival TPS de Improvisación Libre con directores da talla de Fred Frith, Michael Fisher, Pablo Rega ou Chefa Alonso.


ANNAMOVIEK, dúo de emisión vibracional, activado en Galiza no 2006, no que se mesturan voces, electrónica, instrumentos étnicos e de creación propia na procura dunha comunicación emocional por medio das voces e o seu tratamento. Investígase asi mesmo con prácticas de lectura como posta en valor das posibilidades simbólicas da linguaxe en combinación ou contraste coa música coa que se mestura en cada intre.

P.O.P (voz + obxectos sonoros): artista plástico, músico autodidacta. Membro cofundador do Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro (T.P.S.). Compoñente da Orquestra O.m.e.ga., ten colaborado cos improvisadores Patxi Valera, LAR Legido, Rafa Xaneiro…

Move (voz + obxectos sonoros): artista multidisciplinar. O seu traballo desenvólvese nos campos da música e das artes plásticas. É compoñente de varios proxectos de improvisación, entre eles a Orquestra O.m.e.ga e o dúo co improvisador francés Mathias Pontevìa.


Ligazóns:
Myspace Ariel Ninas: http://www.myspace.com/arielninas
Orquestra OMEGA: http://www.myspace.com/omegalicia
Entrevista xornal: http://www.lavozdegalicia.com/santiago/2009/02/04/0003_7506175.htm?idioma=galego

CONCIERTO SKARALLAOS - VIERNES 28

CONCIERTO 21 - FERRALLAROCK

Este Viernes 21 de Agosto contaremos co concerto do grupo de Cambre FERRALLAROCK
esperamosvos por ali a iso das 10pm!!!!
Entrada gratuita e barra con bebidas frescas!