Actividades Semana del 19 de Mayo



*** Creación Colectiva de Canciones e Karaoke en vivo - C4
mar 20 de may, 21:00 – 22:30
Descripción
Obradoiro no que se afrontará a creación de cancións de forma colectiva.
E karaoke con músicos en directo. Impartido por Manu Clavijo


*** Taller MASAJES
mié 21 de may, 20:00 – 21:00
Descripción
Masaxes breves a repartir Encárgase Juven
CANCELADOOOOOO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


*** + Parques - Cemento
jue 22 de may, 20:00 – 21:00
Lugar
Porta do observatorio, rúa Canceliña, mais abaixo de Propolis
Descripción
Concentración en apoio a creación do parque observatorio-adoratrices-campo da Burra, en protesta pola actividades especulativas en torno ao plantexamento dun parque de vivendas convocada pola Plataforma polo parque da Agra


*** Laboratorio de teatro
vie 23 de may, 19:00 – 21:00
Descripción
Obradoiro de teatro e expresión corporal Encarganse Lía e Jaspe


*** Obradoiro de Yoga
vie 23 de may, 21:00 – 22:00
Descripción
Relaxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx
Encárgase Juven


*** Taller de Manualidades

sáb 24 de may, 17:00 – 19:00
FALTA POR CONFIRMAR

17 de Maio - Dia das Letras Galegas en Propolis






Sábado 17 de Maio
17:00tarde das letras galegas

Tarde das letras galegas

Tarde adicada a literatura galega, homenaxeando a Xose María Álvarez Blázquez, e as letras galegas en xeral. Contacontos, lecturas de poesía, poesía musicada e teatralizada, e pode que algo máis, e pode que algo menos. A partir das 17h

Programación actividades para estes dias!!!

Jueves 15 Mayo
+ Parques - Cemento
20.00



Viernes 16 Mayo
Laboratorio de Teatro
19.00 - 21.00



Viernes 16 Mayo
Laboratorio de Teatro
21.00

Mañana Martes 13 - Taller 4C

Mañana Martes 13 en Propolis:

Creación Colectiva de Canción Creativa


Taller de Masajes - Obradoiro de Masaxes /// Hoy 20.00



HOY
taller de Masajes!!!
impartido por Juven Novo
Ven a relajarte!!!

Hoxe Obradoiro de Masaxes
imparte Juven Novo
Reláxate con Nos!!!



maio 08


axendas baleiras...?
aquí estamos

tras dúas semanas de descanso, recollimento e divagacións, aquí sae é superficie a primeira proposta de continuidade. (Os miopes pinchade na imaxe para vela grandiña)

A dereita do blog tamén tendes un calendario para que consultedes de que vai cada actividade, irase actualizando aos pouco. Neste enderezo de aqui abaixo podedes consulta-lo calendario máis grandiño
http://www.google.com/calendar/embed?src=porpropolis%40gmail.com&ctz=Europe/Madrid

O espacio está dispoñible e agardando propostas, algo tan fácil coma buscar o oco no calendario e poñerse en contacto no porpropolis@gmail.com.

E polo de agora estaremos abertos cando as actividades, polo xeral, e pode que algún outro día. Pero por se acaso, consultade o calendario.

Ahí queda iso

Obradoiro - Taller Canción Creativa



HOXE!!!!
Obradoiro no que se afrontará a creación de cancións de forma colectiva.
Empezaremos pouco a pouco animándonos cun karaoke con músicos en directo.
VENTE a Cantar con nos!!!

O Obradoiro vai impartido por Manu Clavijo.
(http://cantautorloserastu.blogspot.com/)



HOY!!!!
Taller en el que se afrontará la creación de canciones de forma colectiva.
Empezaremos poco a poco metiendole tralla con un karaoke con músicos en directo.
Vente a Cantar con nosotros!!!
Taller impartido por Manu Clavijo.

 




Gracias Manu!

Obradoiros Papel Maché + Serigrafía + Pasarúas

Aquí vos adelantamos algunhas cousiñas que empezan a moverse en Propolis...
Os Obradoiros teñen éxitazo entre os mais pequenos e non tanto... e ti???
ainda non teñes a tua camisola Propolera?!?! A QUE ESPERAS!!!



E para que non vos olvidedes aquí tamen os vai unha mostra do Pasarúas do día Sabadoce + 7, no que fixemos o tortazo de saida deste novo centro cultural aberto na Coruña, na Rúa Barcelona 115 Soto.
Actividades + Cultura + Obradoiros + Sorrisos + Xogos + Libros + Tortilla + e moito + + + +



E por último vos deixamos unhas fotos da Presentación na Okupa Atocha Alta 14 do noso amigo Xose Quiroga!






de vagariño


... e seguimos traballando

...caladiños, pouco a pouco, sen prisas... coma fixemos ata agora, coma comezamos esta aventura, sen facer moito ruido ata que facemos moito ruido.

Pero para aqueles que permanecedes atentos a nosa evolución, e tedes este blog como punto de información.

Adiantarvos, sen garantilo ao centopercento, que agardamos ter unha proposta firme a partires desta findesemana, cun horario estable, actividades permanentes, algún obradoiro puntual, e moito traballo, ilusión e agarimo.

E que saibades que so quedan 73 días para o próximo sabaDOce, será en xullo.

obradoiros 26 abril



a partir das 17h deste sabado 26 abril
da comezo a segunda parte dos obradoiros comezados o sabado pasado.

OBRADOIRO DE PAPEL MACHÉ E PASTA DE PAPEL, para ensinar a técnica de realización de figuras decorativas, e fabricación en directo de adornos para o local.

OBRADOIRO DE SERIGRAFÏA CASEIRA, realización e emprego de plantillas para estampar sobre tela con sprais ou pintura de tela, un dos métodos mais accesibles para deseñar estampados.

Quen non estivo o dia anterior que non se corte e que se pase igual
Por alí nos vemos.