Foi ben estimulante..., mais deixou de selo. Ata outra proposta, outro lugar, e outro momento, xente.


Por diferentes causas...

Por distintos motivos...

Por diversas razóns...

Viña sendo tempo de cambios: de xente, de intereses, de forzas...
e agora, tempo de marchar/morrer.
Viña faltando potencial, en número e motivación, e viñan sobrando lumes e barullos, dentro e fóra.

"Eran poucos e covardes", pensaredes algúns; se cadra, en parte, así sería.
Máis en serio, tanto pra a covardía coma pra a valentía, se precisa pulo ou estímulo algún.

Durante un tempo, funcionou, ó seu xeito, coma todo; e funcionou de bo xeito, e tempo dabondo.

Se cadra, este colectivo recíclase, reutilízase ou redúcese -aínda máis?- noutro espacio ou lugar.
Se cadra, divídese, dispérsase ou reubícase noutros frentes.
Ou resucita aquí mesmo, "la vida te da sorpresas".

De tódolos xeitos, seguiremos facendo cousas..., coas máis rabudas intencións, sempre.

E a libraría segue aí, polo momento, a pesares do Cese ese, temporal..., ou non.
E o obradoiro Recyclos, de reciclaxe e autoreparación de bicis, coa xente da Masa Crítica, tamén.
E haberá outra xente que faga uso do espacio, e outras actividades, se a providencia/autoridade o permite.

Graciñas a quenes impulsastes o colectivo...,
chegarades ata o fin do traxecto, baixarades un par de estacións antes, ou fixerades transbordo a outros procesos da vosa traxectoria vital.
Graciñas ás brigadas permanentes de limpeza, tan necesarias por estes lares.
Graciñas ás asembleas por tentar poñer orde no caos, conseguindoo sempre...,
parcialmente: grande éxito.
Graciñas a quenes cargastes coa maior parte da carga...,
e ós que fostes máis unha carga que outra cousa, necesario contraste para a aprendizaxe, tamén graciñas.
Graciñas á xente que foi menos visible, por discreta, distante ou sensata, entre Pinto e Valdemoro, ou entre Cambre e Culleredo.
Graciñas a Nicanor e a Fórum Própolis, pola súa acollida.
Graciñas a quenes participastes coa vosa enerxía, ou simple presencia, das jams, palestras, obradoiros, cabaretes, concertos, presentacións, accións e reaccións.
Graciñas a todas as propostas, sairan adiante ou non.
Graciñas á xente que decidiu isto último, que non foi doado...

E a algunha xente amargada que precisa compartir o seu amarguexo cos aínda non dabondo amargados...,
o noso máis sentido pésame...,
e podedes ir amargar ó quinto carallo, que nós, xa nos amargamos ben sen axuda, graciñas, de cando en vez, e non fodemos ós demais con leccións de "como ser parvo con aproveitamento, e satisfeito de selo" pra inculcarllas a outros...,
que pra ser parvo non se precisa aprendizaxe, chega cun chisco de alienación e unha pinga de Cardhú, que sodes moi finos, e refinados...

E se nos esquecemos dalguén..., pois nos esquecemos e non pasa nada, que carallo!

Apertas.
Vémonos...
Ollámonos...
Mirámonos.