educar en casa [luns 23 ás 17h30]

Marta García compartirá nunha conversa en Própolis, as súas experiencias en torno a opción da educación na casa. Fóra de institucións, normas impostas, ritmos preconcebidos...
pódese consultar parte destas experiencias no seu blogue.


Será ás 17h30.
Coma sempre no 115 da rúa Barcelona

"A educación en familia é unha opción educativa máis, e é moito máis popular polo seu nome en inglés: Homeschooling. Coñecida tamén coma "educar en casa", "educar no fogar", "educación doméstica", "educación fogareña", "escola en casa"..., esta opción educativa atópase en pleno crecemento a nivel mundial, aínda que nalgúns países coma Alemaña, está penada pola lei.

Cundo unha familia decide tomar nas súas mans a responsabilidade total na educación dos fillos, e non envíandoos a unha institución formal decide no seu lugar efectua-la educación dos nenos na propia casa, por medio de múltiples recursos que ofrece a súa comunidade, está entón educando en familia.
A biblioteca, centros culturais, instructores, tutores e demáis profesionais na comunidade serven como apoio na educación destes nenos, quen expostos ás situacions cotiás que ofrece o medio no que viven e entendendo todo coma un proceso educativo, poden vivir nun constante aprendizaxe significativo que lles adestra en seren autodidactas que interactúan nunha sociedade real."
http://educandoenfamilia.blogspot.com





Mirámonos porPrópolis


0 comentarios: