jam ao cubo [luns 2 ás 20h30]




A conta atrás chega ao seu fin...
... xa só quedan 3 días para rematar a conta de 54 días que separan unha Jam ao Cubo, da outra.

Tempo suficiente para esquencer todo o que non quedou rexistrado nos obxectvos de fotógrafos que rondan estes aquelarres.
Tempo suficiente para que a nosa memoria de pez nos faga crer que todo é orixinal.
Tempo suficiente para ter o cerebro despexado, animado e avido de novas tolerías.
Tempo suficiente para buscar novas persoas que se sumen a este experimento
O luns 2 ás 20h30 Jam ao Cubo
experimento de expresión espontáneo-colectiva

Un lugar onde mesturar o chourizo coa nocilla, os mexilóns en escabeche con iogur, de facerse unha vichisuas de mermelada.
Viva a cociña creativa!!!
E que cadaquen escolla os seus ingredientes... roupa, instrumentos, pinturas, corpos...

Un lugar onde durante tres horas todo vale. Iso si, para que alguen che faga caso, iso é cousa túa.

Mirámonos porPrópolis


0 comentarios: