Agárrate que imos...

Mañán Martes:

- 20:30, Có gallo da comemoración do 25 de novembro, Día Contra a Violencia de Xénero, a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza convoca concentracións nas principais cidades baixo o fermoso lema "Sementando un futuro sen violencia machista"
Na cidade da Coruña será ás 20:30 no Obelisco
 Agardamos que esta nova sexa do teu interese e agradecemos a súa difusión.
Recibe un cordial saúdo feminista
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
www.feminismo.info

- 21.00, Obradoiro Canción Creativa con Manu Clavijo, un dos talleres con máis ritmo... se queres aprender, mellorar, berrar, mirar ou simplemente pasar un bo rato, este é o teu Obradoiro!

Mércores:
Este mércores 26, cando a maioría dos currantes abandoan as súas obrigas, e antes de ir cear... a facer un pouco de fame xogando.
E a darlle alegría á rúa entre todas e todos, que se nos morre!

Será nos arredores do obelisco, a iso das 20h do serán.

Xoves:

+ Parque - Cemento

Concentración diante do Parque do observatorio pola reclama dun Parque no barrio da Agra do Orzán, e non un boque de vivendas.

Venres:

21:00, Obradoiro de Ioga impartido por Juven Novo.

O hatha-yoga, o largo do curso realízanse exercicios de Prana, Asanas, Relaxación e Meditación. Sácate o estrés de dentro!!!

0 comentarios: