sabadoce+7=19deabril


ola ola

Chega o día en que se amose ao mundo Própolis
mistura, barrio, persoas, profundizar, creación, compartir, compromiso, divulgar, cousas, encontro, impulso, ojete, reorde, proxecto, viaxe, expresión... toda palabra que cada quen lle queira outorgar a este remexer de xentes que se está a xerar nos sotos dunha librería coma non hai outra igual na cidade da Coruña. Ao fondo a dereita na rúa Barcelona.

E para amosarse, unha pequena grande mostra do que se cultiva e se cultivará neste criadeiro de ideas, ilusións, lazos, expresións... (¿soños) que é Própolis. Espacio recuperado, devolto á superficie, para ofrecerllo a quen o queira aproveitar. (pinchalle na foto para mirala máis grande)

12h pasarrúas e xogos
sempre que faga bo, iso é, que non choiva. dende o comezo da rúa Barcelona, onde cruza coa avd. Fisterra, pasando pola praza das Conchiñas, ata chegar ata aporta de Própolis. Onde seguiremos xogando ata a hora de comer.

14h30 xantar popular
con menú tan variado coma o que cada quen aporte á mesa.

17h obradoiros
un de papel maché, que se desenrolará en tres xornadas, para elaborar pezas que poidan servir para decora-lo espacio.
outro de serigrafía, unha pequena mostra de como facer camisolas, ou o que nos pareza, ao noso gusto.

19h minimaratón de teatro e circo
presentación de própolis, para ir aclarando ideas
chusmicharli percubolas_malabares e musica
4textos,4cadros, nada diso..._teatro
assircopatas horas extras_circo
o`mago_maxia
galu teranga_música e danza senegalesa
lía e ferreiros_expresión corporal
...

21h30 jam sesion
escenario aberto para todo o que se poida facer nel

23h peche

todo de balde no 115 da rúa Barcelona
se algo no queda claro ou para saber algo máis
porpropolis@gmail.com

vemonos o sabadoce+7
19 de abril de 2008

0 comentarios: