
Este Venres 23 de outubro, ás 9 aprox.: Concerto de MACHINA.

Disque "sen etiquetas": ou sexa, pra que non os localicen en caso de reclamación, os moi valentes...
Disque "uns temas che gustan e outros non": coma os pementos de Padrón.
Disque "a quen lle guste ben, e a quen non tamén": aí os tedes, que fan o que queren, os fulanos...
Con criterio propio. Hai que foderse con este persoal.
Que escoitemos e "que cada quen o interprete ó seu xeito, ou o malinterprete". Estade acougados, ó, que haiche ben de especialistas en malinterpretar por aí soltos, e revoltos.
"Pola boca morre o peixe" -a primeira do disco-.
Máis info MachinaGz: súa páxina; seu space.
Benvidas todas e todos, pipiolos.
De balde, coma sempre.
P.D. (Por Deformación): Dalgunha vez, ou xeito, váisevos cobrar..., e aínda teredes as santas bolas de pagar..., o holocausto nuclear chegará..., auga non haberá..., mais a cervexa sobrevivirá, e a coca-cola triunfará: jA-jA-jA-jA.
Sálvanos Satanás!
Este Sábado, Dez de Outubro, ás oito e media, concerto mixto e previsto de INLLORFEIS e SPINAL WINS.

Punkarras coas súas guitarras, hardcoretas -que non anacoretas-, rockeiros ou garaxeiros..., quen carallo define a semellantes pezas?
Mellor vai ser escoitalos, cun ouvido atento e outro disipado.
Veñen xuntos, pero non revoltos. Revoltos encherán, os vosos bandullos, de pracer musical.
Quen precise dun adianto, que vaia ós seus maispeis.
Quen non o precise, veña provisto de mans e pés.
Hai que facervos un croquis, ou que?
Todo hai que dicírvolo, me cagho en pé!!
Veña, a raña-la testa doutro. Deica o dez, e máis aló.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)