
Pasaron 54 días dende aquela noite do 5 de xuño de 2008... e semella que foi fai pouco menos de dous meses.
E o cohetexprimidor diríxese inexorablemente aos miolos de cada un dos que se mergulle no oceano Própolis o martes 29 de Xullo a aprtir das 20h30.
Porque chega o segundo encontronazo coa JAM AO CUBO. E a oportunidade de seguir definindo o que é en si mesma unha JAM AO CUBO.
Asimilando a definición dos CUE http://cuemadrid.blogspot.com/ (a proposta na que se inspiran directamente as JAMs AO CUBO), éste sería un espacio para a expresión espontánea e a improvisación interdisciplinar.
Algo así coma unha mistura de formas de expresarse, comunicarse e divertirse dun xeito fresco, natural e diferente. E de paso tomar unhas birras en compañía da incertidume.
Costura, videocreación, pintura, perruquería, performance, poesía, manicura, cociña...
Aquí vos queda unha mostra do que sucede nos CUE madrileños, unha proposta moi similar pero cunha gran diferencia en cuanto a infraestructuras. Disfrutádeo.
CUE MADRID II (06/6/2008) from CUE on Vimeo.