continuará...
Publicado por
PROPOLIS
|
lunes, 21 de abril de 2008
|
|
despois desta preestrea, deste primeiro experimento, deste comprobar que a cousa ten potencial, que pode funcionar, que no barrio e na cidade hai moita xente atenta a este tipo de iniciativas...
...toca continuar!
foron moitas as persoas que se achegaron este sábado ao longo das once horas de sabadoce+7. Nenos, vellos, familias enteiras, amigos, descoñecidos (que deixaron de selo) e moito perdidiño...
e foron moitas as persoas que fixeron a mesma pregunta
¿que máis cousas van pasar aquí abaixo?
e niso estamos, preparando máis cousas.
as prisas por sair a superficie fixonos centrarnos por completo neste sabadoce+7, e descoidar a continuidade a curto prazo, pero a cousa non remata aquí.
a cousa comeza aquí.
de primeiras o espazo está aberto os sábados a partir das 13h (máis ou menos), que é cando traballamos para habilita-lo espacio, pero con intención de ir ampliando todo o posible o tempo de actividade subpropolera.
Pero será a partir do próximo sabado que lle comezaremos a dar forma a tódalas propostas que hai sobre a mesa. Así que todo aquel que teña algo que ofrecer que se pase o sabado por Própolis,e quen non poida que nos escriba a porpropolis@gmail.com
polo momento, temos preparada a continuidade dos obradoiros que deron comezo ás actividades da tarde o sábado, que se desenrolarán en tres partes. Así que:
Sábado 26 abril
as 17h
-Obradoiro de papel maché e pasta de papel.
-Obradoiro de serigrafía.
quen non estivo no primeiro que non teña problemas por vir a esta segunda parte.
e para a próxima semana agardamos ter unha proposta de actividades a curto prazo (se tardamos un pouco máis non vos impacientedes, que chegará).
e recordarvos que o espazo esta aberto a propostas carentes dun espacio para desenrolarse. Non vos cortedes, estades na vosa casa.
porpropolis@gmail.com (repetimos)
Vémonos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario