pódese consultar parte destas experiencias no seu blogue.
Será ás 17h30.
Coma sempre no 115 da rúa Barcelona
"A educación en familia é unha opción educativa máis, e é moito máis popular polo seu nome en inglés: Homeschooling. Coñecida tamén coma "educar en casa", "educar no fogar", "educación doméstica", "educación fogareña", "escola en casa"..., esta opción educativa atópase en pleno crecemento a nivel mundial, aínda que nalgúns países coma Alemaña, está penada pola lei.
Cundo unha familia decide tomar nas súas mans a responsabilidade total na educación dos fillos, e non envíandoos a unha institución formal decide no seu lugar efectua-la educación dos nenos na propia casa, por medio de múltiples recursos que ofrece a súa comunidade, está entón educando en familia.
A biblioteca, centros culturais, instructores, tutores e demáis profesionais na comunidade serven como apoio na educación destes nenos, quen expostos ás situacions cotiás que ofrece o medio no que viven e entendendo todo coma un proceso educativo, poden vivir nun constante aprendizaxe significativo que lles adestra en seren autodidactas que interactúan nunha sociedade real."
http://educandoenfamilia.blogspot.com
Mirámonos porPrópolis
Mirámonos porPrópolis
0 comentarios:
Publicar un comentario