carteiras con material de recicle [luns 27 ás 20h]

Mañán luns, ás partir das 20h, realizarase un obradoiro de elaboración de carteiras a partir de briks reutilizados. Proposto e guiado por Mila

Para ter cartos, carnés, ou o que sexa ben conservado, pasteurizado, rico en Calcio, sen conservantes nen colorantes, e que aguante máis de tres meses fora da nevera.
Gardar en lugar fresco e seco.





Mirámonos porPrópolis

jam ao cubo [sábado 25 ás 20h30]



... e quiso o azar que desta volta, a Jam ao Cubo caíse na noite dun sábado. Nunha noite sen lúa, con cheiro a flores e a terra mollada, con mocos sorbidos. Nunha noite de cada cincuenta e catro.

E unha vez máis, o subterráneo Própolis, durante unhas horas será o paraíso do que será, será.
Papeis nas paredes, instrumentos, taboas-lenzo, xoguetes, roupa, cousas e máis cousas para tranformarse, para misturarse, para redescubrirse... sen ningún xogo preestablecido, sen ningún prexuízo.

Benvid*s a este experimento de creación espontáneo-colectiva

Un lugar onde o resultado é o mesmo proceso.

Unha vez máis Jam ao Cubo


Mirámonos porPrópolis

de hoxe ata o remate de abril

faina grande pinchándolle


barrio das atochas en perigo de extinción!!!


Data: domingo 19 de abril
Hora: a partir das 12.00h
Espazo: praza Atocha Alta
Enderezo: rúa Atocha Alta, Montealto

ás 12.00h baile vermú
ás 13.00h monicreques
Ás 13.30h historia
ás 14.00h xantador popular
ás 15.30h repichoca poética
ás 17.00h arte na rúa
ás 19.00h música ao vivo
ás 21.00h proxeccións

“As Atochas en perigo de extincion”

Benquerid*s amig*s,

convidamos-vos a intervir este domingo 19 de abril nunha xornada de homenaxe e reivindicación do barrio das Atochas en Montealto. Está previsto o derrube inminente de nove casas. Estas vivendas forman parte dun asentamento rural de máis de 700 anos de antigüidade (Xosé Lois, “A Coruña. Natureza, historia e forma urbana”, en A Coruña. A cidade na arte, A Coruña, Museo de Belas Artes, 2009). O enclave resulta o único sobrevivente na cidade que conserva en bo estado unha tipoloxía peculiar de edificacións de planta baixa características dos barrios obreiros, nados no abrente da Revolución industrial de finais do século XIX.
A agonía de moitas das zonas históricas, tradicionais e modestas, nas urbes contemporáneas precipita a decadencia e o auténtico exterminio de formas de vida. A apelación constante a unha memoria e a unha sucesión de fragmentos de Historia que conforman o noso imaxinario nos confronta á propia formación da nosa idiosincrasia. Namentres, o desamparo do patrimonio ven invocar a raíz dos conflitos dunha sociedade incapaz de respectar os mesmos fundamentos que se apura a propagar.
No ano 1937 nas Atochas (vid. documento adxunto) foron asasinadas nove persoas pertencentes a loita antifascista, agochadas en varios domicilios a espera de fuxir da represión e da cidade.

O pretexto, unha vez máis, é o saneamento da zona, estratexia política arroupada por proxectos urbanísticos (exs. Rambla del Raval de Barcelona, Barrio de San Francisco de Bilbao, etc.), que disloca á xente humilde, lexítima moradora destes lugares, aos arrabales da cidade e que o convirte nun espazo para a especulación inmobiliaria e as mutacións caprichosas.
Para o conxunto do enclave localizado na rúa da Atocha Alta está prevista a demolición integral de toda ela e a posterior construcción de bloques de vivendas cunha altura de cinco pisos e unha superficie edificable de 2168 metros cuadrados, así como unha praza pública.
Non entendemos o progreso sen o respecto *s cidadáns, a conservación do patrimonio histórico e os espazos que constrúen a nosa memoria.

Só facendo referencia aos casos recentes, atopamos a destrucción do asilo modernista de Adelaida Muro, das rúas Papagaio e Tabares que conformaban o barrio chino coruñés, dos barrios de A Silva e San Roque, e dun longo etcétera. Aínda hoxe en zonas con proteccións especiais, como é o caso da Zona vella, vense caer os inmobles como caen as follas no outono, con fruición, ao ritmo dos desaloxos e mortes dos vellos residentes. Por todo isto cremos que xa está ben, non si?

a casa das atochas

Sábado 18/04/09 ANIVERSARIO PROPOLIS



Menú do Día 18/4/09 de 12 a 24h:

PratosEntrantes para Mañá e 1/2Día

- Ensalada de PASARRÚAS: Un pouco de verde leituga, un pouco de vermello tomate, branca cebola....Dende xa pola mañá un Pasarúas para facer calor no Barrio, acompáñanos no percorrido!

- Variado Salgado de XOGOS NA RÚA: Unha das nosas especialidades gratinadas, un pouco de brile, corda, sillas entre outros....porque a Rúa é para Xogar.

- Caldo quentiño de CONTACONTOS: Ben quentiño e cargado de vocablos con ilusión e fábula para todos os oíntes.

Pratos Primeiros para 1/2Día e 1/2Tarde

- Prato quente de XANTAR POPULAR: A hora da comida...comamos todos, traete algo da casa, e así haberá para todas e todos...

- Variado de OBRADOIROS + MAXIA + DJ´s: Un bo prato variado para os mais apetitosos de Obradoiro de Canción Creativa, os trucos mais salgados dos Magos e os ritmos mais ácidos do Dj.

- Solomillo Exquisito de Circo na Rúa por ASSIRCOPATAS: Ummmmm....exquisito e no seu punto...Risas garantizadas!

- E TrapoTroco, coa xente da rede de troco, mercadinho sen cartos de por medio, trae o que non uses, e lévate o que precises... roupa, libros, discos...

Concerto de Postres e Cafes...

- Sorbete de FERREIRÓS e Doce Flan de OSFRISCOLLOS: Trala sobremesa comezan os postres non te perdas un gran sorbete de Zurdo e a Friscollada mais auténtica!

- Café con Jotas de CHOTOKOEU: Que lle justan as jotas...pois bótalle! e a bailar o son destes rapaces cargados de mestizaxe!

- Froita Fresca de DUPLOSON: E no punto alto da noite, un pouco de froita fresca, como frescos os ritmos latin jazz funk deste grupazo, cos seus vellos coñecidos nos sotos de Propolis!

COMO SEMPRE TODO DE BALDE!!!!!!

ESpeRáMOStE!!!!!!

E para que sexan moitos anos máis, non deixedes de facer vosas estas actividades, aí vai o que ocorrerá ata fin de mes (pinchalle na imaxe para vela ben grande)


hoxe non hai ioga

Aviso de ultimísima hora!

Hoxe venres 10 de Abril non haberá clase de ioga.

Sentímolo. Haberá que agardar á semana que ven.

Xa falta menos....



Próximo Sábado 18...

obradoiro de caricias [sábado 4 de 17h a 20h]


Anímate a disfrutar e a abrir unha fiestra para a reflexión sobre a túa sexualidade, afectividade e comunicación cas outras persoas. Faremos sobre todo dinámicas vivenciais.


Trae roupa cómoda!


O obradoiro ten un aforo máximo de 15 persoas. Así quen se queira apuntar, se pode, envía un mail a porpropolis@gmail.com, para ir facendo unha estimación.


SÁBADO 4 DE ABRIL

DE 17:00 A 20:00 (con posibilidade de prolongalo un rato máis).