jam ao cubo [luns 2 ás 20h30]




A conta atrás chega ao seu fin...
... xa só quedan 3 días para rematar a conta de 54 días que separan unha Jam ao Cubo, da outra.

Tempo suficiente para esquencer todo o que non quedou rexistrado nos obxectvos de fotógrafos que rondan estes aquelarres.
Tempo suficiente para que a nosa memoria de pez nos faga crer que todo é orixinal.
Tempo suficiente para ter o cerebro despexado, animado e avido de novas tolerías.
Tempo suficiente para buscar novas persoas que se sumen a este experimento
O luns 2 ás 20h30 Jam ao Cubo
experimento de expresión espontáneo-colectiva

Un lugar onde mesturar o chourizo coa nocilla, os mexilóns en escabeche con iogur, de facerse unha vichisuas de mermelada.
Viva a cociña creativa!!!
E que cadaquen escolla os seus ingredientes... roupa, instrumentos, pinturas, corpos...

Un lugar onde durante tres horas todo vale. Iso si, para que alguen che faga caso, iso é cousa túa.

Mirámonos porPrópolis


laboratorio de teatro

Para a xentiña que anda polo obradoiro de teatro con Jaspe e Lía.
E para a xentiña que se queira pasar por el, e aínda non lle deu por aí.

O próximo día de laboratorio será o venres 6 de marzo ás 19h.
Estamos...

E quen queira descubrir ás posibilidades expresivas que conten un corpo humán, un calquera, dos normaliños, sen extras nen nada fóra do común...

Que se pase porPrópolis...
...que non custa nada.

Iso si, vide con roupa cómoda.

Mirámonos porPrópolis

Entroido Propolis = Festa HORTERA


Colle as tuas mellores galas, porque esa noite de luar do Sábado 21 a partires das 20.00, serás unha estrela mais na gran FESTA HORTERA

Musica, Dj´s, Performance, Persoaxes.....e un inigualabel Fin de Festa?¿?

Con esa canción de disco-rancio, ese personaxe bizarro eses traxes ultracoloridos...

...prepárate un playback, unha coreografía, un show que xunte a esencia do ridículo-festivo-lúdico-pastoril-fashion-kitsch-hortera. Para a sesión de apertura da festa.

Vades deixar que volo conten??


Presentación Propolis no Centro Alexandre Bóveda

Este Xoves 19 de Febrero na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, daráse unha charla sobre Propolis o seu nacemento e desarroio, actividades, iniciativas e demais....

Alexandre Boveda páxina 

Como chegar

E continuamos cos Obradoiro semanais gratuitos!!

Este domingo en Santiago de Compostela

+ info en: http://galizanonsevende.org/

e mais cousas...

E o Xoves 12: Conferencia A bicicleta como medio de transporte, o futuro na mobilidade das cidades, a cargo de Juan Bello Llorente e Fran García Campo, membros do Colectivo Masa Crítica da Coruña, ás 20:30 h no salón de actos da asociación Alexandre Bóveda

Lia, Personaxe que da clase no Obradoiro de Teatro so Viernes, actuará co seu grupo de Teatro e Danza no EXPOCORUÑA polo programa ForumOrienta. HOXE Dende 11.30 da mañá... ata as 12.15 (aprox...) e pola tarde ás 5.30 h. Pero estes horarios son orientativos...

Puntualmente nesta semana...

A parte dos Obradoiros semanais de Propolis (lembrade hoxe Obradoiro Canción Creativa e  Encontro Guitarrero mañán!!!! ás 7:00pm) está semana tamén recomendamos:

- Obradoiro de Jabones na Casa das Atochas por Lola Puñales

- Concerto de Javier Ferreirós + Os Friscollos no Area Crítica





E que anda a pasar.... por Propolis

Aqui vos deixamos unha pequenisimaaaaaaaa mostra do que aconteceu nese incribel CABARETE DO DEZASETE





Extra, Extra!!! Lea la gazeta de propolis...con toda la programación



Clase de Teatro este Viernes 6 de Febrero!!! Extra, Extra!!!




y nada, sin más...que lo sepaís...

xuntanza de guitarreo [mércores 4 ás 19h]

Este mércores, a partir das 19h.

Punto de reunión para guitarristas.
Xuntanza aberta para quen queira tocar, compartir, ensinar, aprender en torno a seis cordas.

Mirámonos porPrópolis

2º SESIÓN DE DEBATE EXPERIMENTAL / UNIVERSIDADE INVISÍBEL [martes 3 ás 17h]

pinchalle para vela mellor


MECANISMOS DE AMPLIACIÓN DE LA DEMOCRACIA EN EL ESPACIO PÚBLICO “REAL”

MARTES 3 de febrero ás 17:00


introduce:
ERGOSFERA / asociación universitaria de estudiantes de arquitectura

avance:

No parece haber ningún motivo para entender que los “problemas” de la arquitectura-urbanismo no sean los mismos que los generales del ser humano. Si como dicen diversas teorías nos encontramos en algo parecido a una “era de la comunicación”, y con todas las reservas de desconocer hasta qué punto puede ser esto un panfleto turístico para nosotros mismos como sociedad, no parece sensato obviar la relevancia para la arquitectura de investigar las relaciones entre la ciudad, la comunicación, la opinión pública y la democracia, más allá del paradigma tecnológico que se plantea como “solución” definitiva.En la actualidad, y sin la ayuda de los arquitectos-urbanistas, el espacio público ya se expresa continuamente, pero ¿acaso no podemos hacer más “plausible” este derecho ciudadano? La segunda sesión de debate experimental de la Universidade Invisíbel partirá de la hipótesis de que una de las acciones necesarias para ampliar la democracia y hacer de la ciudad un modelo de cohabitación más justo y problemático, más accesible y crítico, es poner en escena nuevos modelos de expresión ciudadana que ensanchen las posibilidades de creación de opinión pública en el ridiculizado campo del espacio público “real”.


textos aconsejados:




a xogar á rúa [luns 2 ás 20h]

este luns, ás 20h
no Obelisco

Para arrincarmonos da automatizada secuencia {(de.casa.ao.curro)+(do.curro.a.casa)} imos tomar un respiro, e uns minutos ou unha horas, para facer algo que teña un sentido real...

...xogar coma cativos, xogar coma adultos, xogar na rúa, xogar agora.

a correr, a saltar, a caer, a facerse feridas, a furar o pantalón, a sudar, a rir, a esgotarse de verdade.

quedamos ás 20h no Obelisco.