comida, nom bombas [domingo 1 ás 14h]

comida, nom bombas
[domingo 1 a partir das 14h na praza das Conchiñas]

"considerando o estado actual da agricultura no mundo, poderia-se alimentar a todo o mundo sem nengum problema. Ou por dize-lo doutra maneira: qualquer nenx que morre de fame hoje é, na realidade, assassinadx.” - Jean Ziegler (Suiza), ponente das Naçóns Unidas sobre dereito a alimentaçóm.

a través da reciclaxe de alimentos polos mercados da cidade, a través da cociña da Casa das Atochas, e a través de todo un grupo de xente, levarase á praza das Conchiñas un xantador popular e de balde, con comidas 100% recicladas, 100% veganas, 100% elaboradas con cariño. E entorno a este xantador unha tenda libre e de troco, e o reclamo da rúa coma ben social con obradoiros e festa.

Comida, nom bombas!



obradoiros


Por se alguén o dubidaba...

...este é un momento tan bo coma calquer outro para incorporarse aos obradoiros que se desenrolan en Própolis. Agora máis de balde que nunca.

rCyclos_taller de bicis, canción creativa, ioga, laboratorio de teatro, calceta.

Para facelo, tan fácil coma pasarse por Própolis (pincha para ver onde queda) no horario dos obradoiros, falar con quen os leve, e p'adiante.

-Para arranxar a bici, montar unha, tuneala, os luns a partir das 18h

-Para perderlle medo a cantar con cancións de colleita propia, os martes ás 21h, preguntade por Manu Clavijo (o martes 3 non haberá obradoiro)

- Para desentumece-lo corpo é a voz todo nun, o laboratorio de exprexión corporal e teatro é cada dous venres ás 19h, preguntade por Lía ou Jaspe
(quen queira apuntarse, que se poña en contacto con Lía a través do seu mail pglia@hotmail.com)

- Para remata-la semana en paz e armonía, Juven guiaranos polos camiños do ioga, os venres ás 21h

- Para darlle vida aos dedos e abriga-lo resto do corpo, a calcetar, os domingos ás 17h, preguntade por Carmela (a partir do domingo 8)


pasate por Própolis, que non che custa nada.

do 19 ao 23

refrescando a información dos obradoiros para esta semana:

luns a partir das 18h
rCyclos - taller de bicicletas
un lugar con ferramenta, xente con coñecementos e moitas ganas para aprender a arranxar cada quen a súa bicicleta, e para revivir ás que xa foron chegando ao taller, a través de doazóns particulares, para pasar ás mans de quen ás solicitou.
r+r+r recoller + reparar + regalar

luns ás 20h
reunión de asociacións do barrio, xuntanza para coordinar accións e eventos entre as asociacións da Agra do Orzán

lúns as 20:30 no Obelisco,
reunión no campamento Zaitun, tras o intento das Autoridades de impedir o arranque da iniciativa durante a tarde do Domingo, os compañeiros fixeron turnos para pasar a noite e o longo do día, a iniciativa segue con forza, porque non miramos cara outro lado...

Zaitun segue, coa xente de Gaza e de toda Palestina

martes ás 21h
obradoiro de canción creativa
aprendendo a emprega-la voz, a entonar, a perderlle medo a cantar, e a cantar as cancións creadas no mesmo obradoiro. Perpetrado por Manu Clavijo.

xoves ás 20h
tertulia
xuntarse, e a falar do que xurda

venres ás 19h (cada quince días)
laboratorio de teatro
cada dous venres, Juven e Lía comparten os seus coñecementos teatrais e os seus métodos para expresarse co corpo e coa voz, e para de cando en vez, mostrar os resultados

venres ás 21h
ioga
hatha-ioga, realizando exercicios de prana, asanas e de relaxación e meditación.

Pasadevos e facer vosas estas actividades, que non vos custa nada.

o obradoiro de calceta está pendente de cambio de data.

Mirámonos porPrópolis

Zaitun :: campamento urbano permanente

Información en!!!!!!!!!  http://cupzaitun.blogaliza.org

Imaxes do Acontecido na Xornada do Domingo

http://www.flickr.com/groups/1029422@N22/

http://www.flickr.com/photos/xosequiroga/

http://www.flickr.com/photos/mvazquez/



casa de clovni_5 anos cos nenos da rúa

o domingo 18 ás 20h00


Casa de Clovni_5 anos cos nenos da rúa
circo coma ferramenta social en Timisoara, Rumanía

experiencias
+
proxección
+
espectáculo


"Herdeiros do sistema totalitario de Ceausescu, atoparonse con seren as primeiras víctimas da transición democrática e liberal. Enfrontados ao empobrecimento das súas familias nos pobos, as condicións dos centros de acollida, estes nenos non atoparon outra solución que a fuxida ás rúas. Refuxianse en pequenos grupos baixo pontes, nas sumidoiros, edificios abandoados. Sobreviven coma poden a través da mendicidade, pequenos traballos... A inhalación de disolventes é parte da súa cuotidianeidade. A súa presenza nas rúas molesta a unha sociedade que os nega, aínda que eles non decidiron realmente estar aí, sinon que, non atoparon outra solución."

o cabarete do dezasete

Este sábado 17, ás 20h30, no 115 da rúa Barcelona

o cabarete do dezasete



na varieté está o gusto

circo,
danza do ventre,
monólogo,
teatro,
absurdo,
canción,
danza contemporánea,
música,
bingo,
...




CAMPAMENTO URBANO PERMANENTE :: ASEMBLEA ABERTA

LUNS 12 ás 20:30h no CENTRO SOCIAL PROPOLIS

É por todas sabido que a penas queda neste mundo nada digno de se chamar democracia. Algúns rituais que se din "democráticos", como as eleccións, téñense tornado especialmente sinistros nos últimos días. En Israel, o Goberno de coalición do Avodá, Kadima e Sha, cuxas cabezas visíbeis son Olmert, Barak e Livni, disputa a Netanyahou nos medios a súa popularidade cara aos vindeiros comicios a base de toneladas de chumbo, fósforo e tungsteno sobre palestinas indefensas ao borde da inanición total. A máis ostentación de determinación exterminista, máis puntos nas sondaxes electorais, ese é o catastrófico resultado de anos de políticas neocon e paranoia securitaria.
Tamén en Galiza a masacre en Gaza parece ter tomado lúgubre relevancia cara ás vindeiras eleccións autonómicas.
Van xa milleiras de feridas e unhas novecentas vítimas mortais desde o inicio da operación "Chumbo Fundido" e o esperpento político internacional medra cada día. Contra a corrupta inoperancia da política históricamente certificada asistimos a unha onda de mobilizacións nos cinco continentes que son expresión dun fascinante anhelo pacifista, democrático e de xustiza.
Na Coruña ducias de persoas quixemos participar desta onda convocando unha primeira concentración o día dous e sumándonos á máis recente do día dez. Animábanos e anímanos o mesmo anhelo fraternal, democrático e de xustiza que se respira agora mesmo en millóns de rúas do planeta. O mesmo desexo que ten animado a miles de palestinas e israelitas a protagonizar experiencias de loita que merecen a nosa admiración e amor.
Hoxe comprendemos que as nosas iniciativas ata agora foron insuficientes e queremos ir alén. Non sabemos adonde, pero estamos firmemente convencidas de que de pouco ou nada nos sirven os protestos dun día, menos aínda cando son violentamente hexemonizados por organizacións que facilitan, permiten, abrigan e celebran a entrada e total protagonismo do Bloque Nacionalista Galego e que mesmo teñen intentado facer a un lado ás compas islamitas que animaban o protesto do día dous.
Cuestionámonos seriamente se non son as próximas eleccións autonómicas as que están animando esta participación do Bloque Nacionalista Galego. Sinceiramente, non alcanzamos a ver qué outra motivación terían hoxe para sair ás rúas ao carón desta onda global persoas responsabeis da participación das tropas españolas nas Forzas Interinas de Nacións Unidas para o Líbano; unhas tropas "de mediación" encargadas de librar traballo á Tsahal sionista no sur do Líbano para terror, entre outras, das palestinas que malviven nos miserables campamentos de refuxiados da zona.

Pensamos que é necesario pór en marcha experiencias democráticas outras ás dos xestores do terror. Pensamos que é interesante reactivar mobilizacións de cuño antimilitarista que teñen sido importantes nesta cidade. Pensamos necesarias prácticas de recoñecemento e coexistencia, que é necesario plantexarse un combate á guerra e a islamofobia aquí e desde xa.

É por iso que varias persoas maquinamos no levantamento dun CAMPAMENTO URBANO PERMANENTE a modo de apertura dun proceso de reflexión e acción colectivas.

Chamamos a unha primeira ASEMBLEA ABERTA este LUNS 12 ás 20:30h no CENTRO SOCIAL PROPOLIS (r/Barcelona 115, Soto)

venres 9, non haberá ioga

Este venres, por ausencia de Juven, o obradoiro de ioga cancélase.
Mantede a calma.
Retomárase o próximo venres 16.