Faise saber:Que o Obradoiro de Pandeireta comenza en XANEIRO.
Un día á semana, Pola Mañá.
LUNS, MARTES ou XOVES... Cal deles?
O que lle veña mellor ó grupo; Halima -a monitora- non ten preferencia por ningún.
A xente interesada en asistir, propoñao nun correo, según a súa dispoñibilidade, a: porpropolis@gmail.com.
Coma sempre, de balde; o obradoiro, claro.
A pandeireta, nun principio, é cousa vosa; mans e dedos, tamén; cabeziña, a que cada quen teña liberada doutras lerias. Informarémosvos do día acordado, e programarémolo.
Lembranza:
As Asembleas son Abertas -igual que o espacio- a tódala xente que queira propoñer calquera cousa ou, simplemente, informarse ou interesarse polo que se coce ou guisa neste recuncho.
Nós xa o sabiamos mais, se cadra, desde fóra non o tiñades tan claro, así que xa o sabedes: cada 15 días, agardámosvos, dende o comenzo ó remate; logo, xa imos rañala e non agardamos máis. A próxima, este Mércores 16, ás 22 horas.
Informatorio:

Os Xogos na Rúa deste mes, este Xoves 17, ás 8 da tarde, móvense á Praza das Conchiñas, que temos moi visto o Obelisco, e el a nós.
Xa veremos quen bota en falta a quen.
Xoguemos ata que estoupemos!
Ben..., mellor, ata que esgotemos...; xa estouparemos o vindeiro mes, ejem...
Apertas. Mirámonos.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada