cantas cores collen na mesma caixa



nen moito ruido, nen moitas noces.

quizais pola inercia dun recente pasado de estudantes, índa presente nalgúns. parece que o verán só está para andar en bicicleta... e pouco máis.

e seguindo coa inercia de estudantes, chega setembro e toca recuperar. Alomenos un par de materias.

Obradoiro de canción creativa_a partir do 2 de setembro, tódolos martes ás 21h. Seguindo coa descuberta de tódalas posibilidades que agochan as cordas vocais e entorno. Guíado, amenizado, e materializado por Manu Clavijo.

Feira da Diversidade Cultural_o sábado 20 de setembro na praza das Conchiñas. A terceira edición desta festa organizada por asociacións do barrio, pola mistura das culturas que habitan a Agra. Algunha xente de Própolis anda argallando coma colaborar nesta data, reúníndose tódolos luns ás 20h en Própolis. Ademáis haberá un foro local de emigración e inmigración.

Jam ao Cubo_chega a terceira oportunidade de poder contemplar que resulta da combinación do graffitti e o punto de cruz. O domingo 21 de setembro a partir das 20h30, a mistura de todo. Atrevámonos a lavar roupa branca con roupa de cor.


... e pouco a pouco estaremos un chisco máis preto de conquista-lo mundo.

e velaquí unha linda e directa iniciativa, levada a cabo por xente das Atochas
comida,nombombas
sempre un chisco máis preto.

Próximamente...




Tod@s esperabais este momento con ganas y si.......

Todo lo que aconteció ese 29 de julio...dentro de poco será plasmado aquí para reconforte de todos vos....

Tod@s andavades a esperar este intre con janas, e si...

Todolo acontecido ese 29 de Xulio, dentro de bem pouco subiremolo o blog para desfrute de todos! 

Jam3 ProPoLis